TAP Express
TAP Express é unha aeroliña rexional portuguesa fundada no ano 2016. Pertence a TAP Air Portugal e opera voos de curto e medio alcance. A compañía rexional Portugália Airlines, propiedade de TAP, opera os avións da familia Embraer da marca TAP Express. E á súa vez, White Airways, unha aeroliña propiedade de Omni Aviation, opera a súa frota de avóns ATR 72. A súa sede atópase no Aeroporto de Lisboa.
TAP Express | ||
---|---|---|
IATA TP | OACI TAP | Indicativo AIR PORTUGAL |
Fundación | 2016 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Lisboa | |
Centro de conexión | Aeroporto do Porto | |
Plan de voo frecuente | TAP Victoria | |
Alianza | Star Alliance (afiliada) | |
Frota | 21 | |
Destinos | 23 | |
Holding | TAP Air Portugal | |
Páxina web: https://www.flytap.com |
TAP Express voa diariamente aos aeroportos de Vigo e da Coruña dende Lisboa utilizando avións ATR 72 de 70 asentos.[1][2]
Historia
editarO día 14 de xaneiro de 2016 TAP Air Portugal anunciou que Portugália Airlines, a súa subsidiaria rexional, sería rebautizada como TAP Express o 27 de marzo dese ano como parte das medidas de reestruturación do grupo. No mesmo día, TAP Portugal tamén anunciou que toda a frota de Portugália, composta por avións Fokker 100 e Embraer ERJ-145, sería substituída en xullo de 2016 por novas aeronaves Embraer 190 e ATR 72-600 (estes último operado por White Airways), que recibirían unha librea semellante á de TAP Portugal.[3][4][5]
Todos os avións da frota de TAP Express están bautizados con nomes de distritos e rexións portuguesas.[6]
Frota
editarEn outubro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:[7]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
ATR 72-600 | 8 | — | — | 70 | 70 | operados por White Airways |
Embraer 190LR | 9 | — | — | 110 | 110 | operados por Portugália Airlines |
Embraer 195[8] | 4 | — | — | 120 | 120 | operados por Portugália Airlines |
Total | 22 | — |
Notas
editar- ↑ Europa Press (ed.). "TAP Portugal volará a Vigo desde Lisboa". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ El Ideal Gallego (ed.). "Tap Portugal operará una frecuencia diaria entre A Coruña y Lisboa a partir del mes de marzo". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "TAP Portugal creates TAP Express to replace Portugalia". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ What's up (ed.). "TAP Express nasce en março". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ O Jornal Económico (ed.). "TAP Express substitui Portugália. Nasce ponte aérea Lisboa/Porto". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ News Avia (ed.). "Frota Da TAP Express Recebe Nomes Dos Distritos E Regiões Portuguesas". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ TAP Portugal (ed.). "Frota". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "TAP's Portugália Airlines adds maiden EMB-195". Consultado o 7 de marzo de 2018.