Embraer ERJ 145

(Redirección desde «Embraer ERJ-145»)

A familia Embraer ERJ 145 é unha serie de reactores rexionais producida polo fabricante brasileiro Embraer. Os membros da familia son o ERJ 135 (37 pasaxeiros), o ERJ 140 (44 pasaxeiros), e o ERJ 145 (50 pasaxeiros), ademais do reactor executivo Legacy e a familia R-99 de avións militares. O ERJ 145 é o máis grande do grupo. Cada reactor da serie está impulsado por dous motores turboventilador. Os principais competidores da familia son os reactores rexionais de Bombardier.

Embraer ERJ 145
FabricanteEmbraer
Primeiro voo11 de agosto de 1995
Introducidodecembro de 1996
Estadoen servizo
Produción1989 - actualidade
Unidades construídas890 en xaneiro de 2012
Embraer ERJ-145LU; Campeche, México