Transavia France S.A.S., anteriormente coñecida como Transavia.com France e comercialidada como Transavia France, é unha aeroliña de baixo custo baseada en Francia operando como unha parte independente do grupo Air France-KLM. A súa base principal está no aeroporto de París-Orly e principalmente realiza voos regulares e chárter a destinos de lecer. Comparte o deseño corporativo e coopera estreitamente coa súa irmá neerlandesa Transavia. A compañía está baseada no Aeroporto de París-Orly.

Transavia France
IATA
TO
OACI
TVF
Indicativo
FRANCE SOLEIL
Fundación2006
Inicio das operacións2007
Aeroporto principalAeroporto de París-Orly
Frota19
Destinos30
HoldingAir France-KLM
Páxina web: http://www.transavia.com/
Boeing 737 coa nova librea da aeroliña

Transavia France creárona como transavia.com France en novembro de 2006 Air France e a aeroliña neerlandesa Transavia (transavia.com entón), e comeou a operar no mes de maio de 2007, realizando voos chárter e regulares.[1]

Frota editar

En xuño de 2015 a frota de Transavia France estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Transavia France
Avión Total Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 1 0 180 Operado por Air France.
Boeing 737-800 18 1 186/189

Notas editar

  1. Air France (ed.). "Transavia France". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de xuño de 2015. 
  2. Ch-aviation (ed.). "Frota de Transavia France". Consultado o 19 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar