Air Algérie SpA é a aeroliña nacional de Alxeria, con sede na cidade de Alxer. Opera voos nacionais a 32 aeroportos e internacionais a 39 destinos en 28 países, ademais de tamén voos chárter, aerotaxi e agrícolas. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional,[1] a Organización Árabe de Transportistas Aéreos, e a Asociación de Aeroliñas Africanas.[2] Dende decembro do ano 2013 a compañía é totalmente propiedade do goberno do país.

Air Algérie
IATA
AH
OACI
DAH
Indicativo
AIR ALGERIE
Fundación15 de marzo de 1947
Plan de voo frecuenteAir Algérie Plus
Frota50
Destinos71
HoldingSonatrach
Eslogan da compañíaAlways caring for you
SedeAlxer
DirixentesMohamed-Salah Boultif (CEO)
Páxina web: http://www.airalgerie.dz/

Historia

editar

Formación e primeiros anos

editar

En 1946 creouse a Compagnie Générale de Transports Aériens (CGTA). Comezou a realizar voos chárter entre Alxeria e Europa no ano seguinte, pero cara finais da década xa tiña voos regulares servindo a Alxer, Basilea, Annaba, Xenebra, Marsella, París, Philippeville e Tolosa. Tres Bretagne de 34 asentos uníronse á frota de sete DC-3 en 1952. A Compagnie Air Transport (CAT), subsidiaria de Air France e a Compagnie Générale Transatlantique, formouse a finais dos 40 para conectar Basilea, Lión, Marsella, París e Tolosa con Alxer, Constantine e Orán. Tamén se iniciaron voos estacionais entre Londres e Deauville. Tras a caída de trafico despois de 1951 comezouse a considerar un socio para fusionarse.[3]

 
Constellation coa librea de Air Algérie en 1957

CGTA e CAT fusionáronse o 23 de maio de 1953 para formar a Compagnie Générale de Transports Aériens Air Algérie,[3] cunha frota combinada que incluía un Breguet 761, seis Bretagne, cinco DC-3 e tres DC-4. Tras a fusión, Air Algérie comezou servizos estacionais cara Ajaccio, Clermont, Montpellier e Perpignan. Ademais, engadíuse a Suíza aos voos regulares, realizouse unha parada semanal en Palma de Mallorca coa súa asociación con Aviaco, e a meirande parte das rutas transmediterráneas foron operadas nun acordo con Air France, facendo a aeroliña francesa o 54% deses voos e Air Algérie o resto. A finais dos 50 engadíronse tamén voos a Cote d'Azur.

A aeroliña mercou dous Nord Noratlas en xullo de 1957, chegando un terceiro un ano despois. A compañía converteuse na primeira aeroliña privada francesa en pedir o Sud Aviation Caravelle a comezos de 1958, e o primeiro exemplar lle sería entregado polo fabricante en xaneiro de 1960. Tras a entrega o avión foi usado na ruta entre Alxer e París. O modelo tamén utilizouse nos voos entre París e Bône e París e Orán nos meses seguintes. Cara abril de 1960 a súa frota estaba formada por tres Caravelle, tres DC-3, dez DC-4, dous Lockheed L-749 Constellations e tres three Noratlas. Os Caravelle foron gradualmente despregados nas rutas anteriormente voadas polos Constellations e os DC-4, que foron usados para carga ou vendidos.[3]

Independencia de Alxeria

editar

Dúas compañías navieiras, Compagnie Générale Transatlantique e Compagnie de Navigation Mixte, foron as donas da meirande parte das accións (98%) de Air Algérie ata que o país se independizou en 1962. Tras a independencia a Délégation Générale en Alxeria e Air France tomaron o da meirande parte da compañía. A estrutura financeira cambiou en marzo de 1963, cando as navieiras e Air France cederon un 31% da aeroliña,[24] e o goberno arxelino tomou posesión do 51% dos activos da empresa, gañando o status de aeroliña nacional. En abril de 1964 o goberno incrementou a súa participación ata un 57%.[4] Ese nes asinouse un contrato para a compra de dous Ilyushin Il-18 destinados a operar a ruta entre Alxer e Moscova.[5] Air Algérie so recibiría un destes avións, xa que o contrato foi posteriormente cancelado. O único Il-18 da frota foi usado polo goberno. En abril de 1968 había oito DC-4 na frota e ese ano catro Convair 440 ex-Lufthansa foron mercados e convertidos á versión 640. Eses avións substituirían aos DC-4.

Cara marzo de 1970 o goberno era o dono do 83% da compañía; nese momento a frota estaba omposta por un Boeing 737-200, cinco Caravelle, catro CV-640, tres DC-3 e un DC-4.[6] Société de Travail Aérien, unha aeroliña doméstica que fora fundada en 1968, foi absorvida por Air Algérie en maio de 1972. No mes de agosto pedíronse tres Fokker F27-400 por 2,5 millóns de libras. En setembro, cun segundo Boeing 737 pendente de entrega, pedíronse dúas unidades máis dese modelo (un deles convertible). Ese ano o goberno de Alxeria mercou as accións restantes posuídas por Air France e fíxose co 100% da aeroliña. Air Algérie abriría unha nova ruta a Karachi en 1975, e en novembro de 1979 pedíronse catro Boeing 727 por 62 millóns de dólares.[7]

Cara xullo de 1980 Air Algérie tiña 5.621 empregados e unha frota de 57 avións, incluídos 14 Ag-Cat, seis Boeing 727-200, dez Boeing 737-200, tres Boeing 737-200C, un Boeing 747-200C, un Cherokee Six, dous Convair CV-640, un Douglas DC-8-63CF, un Nord 262 e 18 Queen Air.

En setembro de 2015 a frota de Air Algérie estaba formada polos seguintes avións:[8]

Frota de Air Algérie
Pasaxeiros
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F C Y Total
Airbus A330-200 8 14 22 196 232
18 14 219 251[9]
ATR 72-500 12 66 66
70 70
ATR 72-600 3 68 68[10]
Boeing 737-600 5 16 85 101
Boeing 737-700C 2[11] TBA
Boeing 737-800 18 7[11] 48 114 162
Boeing 767-300 3 10 16 187 213
Boeing 787-8 8[12] TBA
Carga
Lockheed L-100-30T 1
Total 50 17
  1. IATA (ed.). "Membros actuais da IATA". Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  2. AFRAA (ed.). "Membros actuais da AFRAA". Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Guttery, Ben (1998). Mc Farland & Company, Inc., ed. Encyclopedia of African Airlines. Jefferson, North Carolina. ISBN 0-7864-0495-7. 
  4. Flight International (ed.). "World airline survey – Air Algérie". Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  5. Flight International (ed.). "Air commerce – Il-18s for Air Algerie?". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  6. Flight International (ed.). "World airlines 1970 – Air Algérie (Compagnie Générale de Transports Aériens)". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  7. Flight International (ed.). "Airline market". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  8. "Air Algérie Fleet". ch-aviation GmbH. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.  
  9. "Air Algérie réceptionne un second A330 flambant neuf" [Air Algérie took delivery of a second wide-body aircraft] (en French). Air Journal. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015. 
  10. Air Transport World (ed.). "Air Algérie orders three ATR 72-600s, commits to eight Boeing 737-800s". Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Air Transport World (ed.). "Air Algérie orders two Boeing 737-700C aircraft". Archived from the original on 16 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  12. CAPA (ed.). "Air Algerie plans large fleet order and an increased long-haul network to boost Algerian economy". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2016.