Coordenadas: 35°41′49″N 0°37′59″O / 35.696944444444, -0.63305555555556


Orán[2] (en árabe: وهران‎, Wahrān) é unha cidade do noroeste de Alxeria, capital da provincia homónima. Localízase na beira do mar Mediterráneo, a 432 quilómetros da capital Alxer. A cidade ten unha poboación de 759.645 habitantes (2008) e é o principal centro de transporte de mercancías e industrial do occidente do país.

Orán, Alxeria
وهران / Wahrān
Mosaico de Orán
Localización
PaísAlxeria Alxeria
ProvinciaOrán
Xeografía
Altitude101 msnm
Superficie64 km²
Demografía
Poboación674273 (2009)[1]
Outros datos
www.oran-dz.com/

Durante o período colonial francés, Orán foi a capital do departamento de Orán. É un importante porto e centro comercial, e é sede da Universidade de Orán. O barrio antigo da cidade posúe unha alcazaba e unha mesquita do século XVIII. A poboación da cidade era de 674.273 persoas (2009), e a urbana dun millón.

Notas Editar

  1. "(en francés) Wilaya d'Oran -DPAT- Annuaire statistique 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2016. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén Editar