ATR 72
(Redirección desde «ATR 72-600»)
O ATR 72 é un avión rexional de curto alcance con dous motores turbohélice construído polo fabricante francés ATR. Trátase dunha variante alongada do ATR 42 e pode levar 78 pasaxeiros nunha única clase.
ATR 72 | |
---|---|
ATR 72 de TAROM | |
Tipo | avión rexional |
Fabricante | ATR |
Primeiro voo | 27 de outubro de 1988 |
Introducido | 27 de outubro de 1989 |
Produción | 1988 - presente |
Unidades construídas | 611 |
DesenvolvementoEditar
O ATR 72 desenvolveuse a partir do ATR 42 co obxectivo de icrementar a capacidade de asentos (de 48 a 78) alongando a fuselaxe 4,5, aumentando a envergadura, engadindo motores máis potentes e incrementando a capacidade de combustible un 10%. O ATR 72 foi anunciado en 1986, e realizou o seu primeiro voo o 27 de outubro de 1988. Xusto un ano despois, o 27 de outubro de 1989, Finnair converteuse na primeira aeroliña e poñer o avión en servizo. Dende entón fabricáronse 611 ATR 72.