Axencia Europea de Seguridade Aérea
A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002[1] e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.
Axencia Europea de Seguridade Aérea | |
---|---|
Acrónimo | EASA e AESA |
Tipo | aviation authority e decentralised agency of the European Union |
Área de operación | Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Suíza e Noruega |
Data de fundación | 28 de setembro de 2003 |
Director/a | Patrick Ky |
Nº de empregados | 840 (2019) |
Sede | Colonia |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.easa.europa.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.
Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais.[2] Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.
Notas
editar- ↑ Unión Europea (ed.). "EASA". Consultado o 31 de xullo de 2017.
- ↑ Eur-lex.europa.eu (ed.). "Regulation of the European Parliament and of The Council". Consultado o 31 de xullo de 2017.