Aena

(Redirección desde «AENA»)

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

AENA

Editar o valor en Wikidata
TipoEstatal
Fundación1990
LocalizaciónMadrid, España España
IndustriaAviación
Na rede
http://www.aena.es
Instagram: aena.es BNE: XX5490499 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Funcións

editar

Conforme á lexislación vixente desenvolve as seguintes funcións:

  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións a que se refire a epígrafe anterior.
  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea.
  • Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo.
  • Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licenza oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Filiais

editar

Aena xestiona a través da filial Aena Desenvolvemento Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).

Aeroportos

editar

Aena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Alxeciras, os únicos heliportos da rede.

Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009

Pasaxeiros (2009)

editar
Aeroporto Total pasaxeiros
Aeroporto de Madrid-Barajas 48 437 147
Aeroporto de Barcelona-El Prat 27 421 682
Aeroporto de Palma 21 203 041
Aeroporto de Málaga-Costa del Sol 11 622 429
Aeroporto de Gran Canaria 9 155 665
Aeroporto de Alacant 9 139 479
Aeroporto de Tenerife Sur 7 108 055
Aeroporto de Xirona-Costa Brava 5 286 970
Aeroporto de Valencia 4 748 997
Aeroporto de Lanzarote 4 701 669
Aeroporto de Eivisa 4 572 819
Aeroporto de Tenerife Norte 4 054 147
Aeroporto de Sevilla 4 051 392
Aeroporto de Fuerteventura 3 738 492
Aeroporto de Bilbao 3 654 957
Aeroporto de Menorca 2 433 666
Aeroporto de Santiago de Compostela 1 944 068
Aeroporto de Reus 1 706 615
Aeroporto de Murcia-San Javier 1 630 684
Aeroporto de Asturias 1 316 212
Aeroporto de Granada 1 187 813
Aeroporto de Vigo 1 103 285
Aeroporto de Xerez 1 079 616
Aeroporto da Coruña 1 068 823
Aeroporto de La Palma 1 043 274
Aeroporto de Santander 958 157
Aeroporto de Almería 791 837
Aeroporto de Zaragoza 528 313
Aeroporto de Valladolid 365 720
Aeroporto de Pamplona 335 612
Aeroporto de Donostia 315 294
Aeroporto de Melilla 293 695
Aeroporto de El Hierro 183 891
Aeroporto de León 95 189
Aeroporto de Badaxoz 75 351
Aeroporto de Salamanca 53 088
Aeroporto de Vitoria 39 933
Aeroporto de Logroño 35 663
Aeroporto de La Gomera 34 605
Aeroporto de Madrid-Torrejón 28 423
Aeroporto de Burgos 27 716
Heliporto de Ceuta 20 560
Aeroporto de Córdoba 15 474
Aeroporto de Albacete 15 127
Aeroporto de Huesca 6 228
Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos 229
Aeroporto de Sabadell 0
Aeroporto de Son Bonet 0
  1. Aeroporto de Madrid-Barajas (329 186 631 Tm.)
  2. Aeroporto de Barcelona-El Prat (103 996 489 Tm.)
  3. Aeroporto de Vitoria (34 989 727 Tm.)
  4. Aeroporto de Gran Canaria (33 695 248 Tm.)
  5. Aeroporto de Zaragoza (21 438 894 Tm.)
  6. Aeroporto de Palma (21 395 791 Tm.)
  7. Aeroporto de Tenerife Norte (20 781 674 Tm.)
  8. Aeroporto de Valencia (13 325 799 Tm.)
  9. Aeroporto de Tenerife Sur (8 567 093 Tm.)
  10. Aeroporto de Sevilla (6 102 264 Tm.)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar