Aeroporto de Huesca

Aeroporto

O Aeroporto de Huesca-Pireneos (IATA: HSK, OACI: LEHC) está localizado a 10,5 quilómetros ao sueste de Huesca, entre os termos municipais de Alcalá del Obispo e Monflorite. A súa localización resulta privilexiada para a comunicación co Pireneo aragonés, referente obrigado para os afeccionados ao esquí, xa que nel se atopan algunhas das principais estacións de España.

Aeroporto de Huesca

IATA: HSK – ICAO: LEHC
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Coordenadas Coordenadas: 42°04′51″N 0°19′24″O / 42.080833333333, -0.32333333333333
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 257
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 170,5%
Operacións 7 762
Aumento operacións Crecente (crecemento) 65,7%
Fonte: AENA[1]

Infraestruturas Editar

Para dotalo dunhas instalacións modernas, capaces de atender dentro duns adecuados niveis de seguridade e calidade a demanda de tráfico aéreo, Aena executou importantes obras de infraestruturas, consistentes fundamentalmente na construción dunha nova Área Terminal e un novo Campo de Voos.

Declarado aeroporto de interese xeral e incorporado á rede de Aena en outubro de 2000, o aeroporto atópase aberto para operacións de voo visual desde o 21 de decembro de 2006. O 10 de maio entraron en vigor os procedementos instrumentais baseados no novo VOR/DME que se instalou. Actualmente existen dúas zonas de voo diferenciadas, unha para uso exclusivo dos planeadores e outra para as aeronaves con motor. Así, asegúrase a compatibilidade de ambos tipos de aeronaves, ao ter asignados espazos aéreos diferenciados. Tamén conta cunha escola privada de pilotos de voo comercial.

O seu primeiro voo transcorreu entre Huesca e A Coruña, nun acto histórico para a provincia. Os ocupantes do avión foron os xogadores do equipo de balonmán de Huesca, que se dirixían á cidade galega a xogar un partido.

Aeroliñas e destinos Editar

En febreiro do ano 2011 Pyrenair cesou as súas actividades, deixando ao aeroporto sen ningunha actividade comercial ata que Air Europa comezou un servizo estacional cara o aeroporto de Menorca que tamén foi abandonado.

Notas Editar

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar