Aeroporto de Zagreb
O aeroporto Franjo Tuđman (IATA: ZAG, OACI: LDZA), tamén coñecido como aeroporto de Zagreb, é o aeroporto internacional máis grande e concorrido de Croacia. Durante o ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 3 092 047 pasaxeiros e unhas 12 000 toneladas de carga.[1]
Aeroporto de Zagreb Međunarodna zračna luka Franjo Tuđman Zagreb
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Operador | MZLZ d.d., Aéroports de Paris | ||
Cidade/Illa | Zagreb | ||
Localización | Velika Gorica | ||
Elevación (msnm) | 108 metros / 353 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 3 252 | 10 669 | formigón/asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 3 092 047 |
Bautizado na honra de Franjo Tuđman, o primeiro presidente de Croacia, o aeroporto está situado en Velika Gorica, a uns 10 quilómetros ao sueste da estación central de Zagreb. É o centro de conexións para a aeroliña nacional Croatia Airlines, ademais de para Trade Air. Unha base da Forza Aérea e Defensa Aérea de Croacia atópase dentro do complexo do aeroporto, e tamén hai un centro administrativo do control de tráfico aéreo croata nos seus terreos.
O aeroporto foi adxudicado ao consorcio ZAIC (Zagreb Airport International Company) nunha concesión de 30 anos baixo os termos dun contrato asinado co goberno de Croacia. O contrato incluía o financiamento, deseño e construción dunha nova terminal de pasaxeiros que foi inaugurada en marzo de 2017.[2] Co propósito de dirixir o aeroporto ZAIC rexistrou unha compañía chamada MZLZ d.d. (Međunarodna zračna luka Zagreb d.d.), que é a operadora das instalacións.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
DHL Aviation operado por European Air Transport |
Boloña, Colonia/Bonn, Leipzig, Bérgamo, Venecia |
Emirates SkyCargo operado por Emirates |
Dubai-International |
MNG Airlines | Istanbul-Atatürk, París-Charles de Gaulle |
Qatar Airways Cargo operado por Qatar Airways |
Doha |
Notas
editar- ↑ Zagreb Airport (ed.). "Statistics for 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ Total Croatia News (ed.). "New terminal at Zagreb Airport officially opened". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Air Canada (ed.). "Air Canada Expands its Global Network with New and Enhanced Services to Europe, South America and Africa for Summer 2018" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Routes Online (ed.). "Croatia Airlines schedules new routes in S17" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ Emirates (ed.). "Emirates to Launch Daily Flights to Croatia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.