Aeroporto de Xerez da Fronteira

O Aeroporto de Xerez é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado ao nordés de Xerez da Fronteira, a 8 km do centro da cidade e a 45 km de Cádiz. É coñecido como Aeroporto de La Parra.

Aeroporto de Xerez
Aeropuerto de Jerez

IATA: XRY – ICAO: LEJR
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Operador AENA
Cidade/Illa Cádiz e Xerez da Fronteira
Localización Xerez da Fronteira
Elevación (msnm) 28 metros / 91 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
02/20 7.545×148 2.300×45 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 1 046 251
Operacións 48 628
Carga (kg) 578
Fonte: AENA[1]

A importancia deste aeroporto foi crecendo nos últimos anos, en 2007 rexistrou un tráfico de 1 607 834 pasaxeiros, 50.364 operacións e 89.927 kg de mercancías, colocándose con estes datos no posto número 18 a nivel nacional e o terceiro de Andalucía. En 2008, debido á crise económica de 2008 o número de pasaxeiros foi reducido ata os 1 302 770 pasaxeiros, aínda que o tráfico de mercancías e o número total de operacións mantivéronse, o que o relegou á posición 21 a nivel nacional e o cuarto de Andalucía, inmediatamente por detrás do aeroporto de Granada. En 2012 o aeroporto pechou cun total de 913.301 pasaxeiros, aínda que segue mantendo o seu posto dentro de Aena no posto 23.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Brussels Airlines Estacional: Bruxelas
Condor Estacional: Düsseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Hannover, Múnic, Stuttgart
Eurowings Estacional: Colonia/Bonn, Düsseldorf, Hamburgo (comeza en outubro de 2017),[2] Viena
Germania Flug Estacional: Zürich
Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Luxair Estacional: Luxemburgo
Ryanair Barcelona, Hahn, Londres-Stansted
Thomson Airways
operado por Norwegian Air Shuttle
Estacional: Londres-Gatwick
TUI fly Belgium Estacional: Bruxelas
TUI fly Deutschland Estacional: Düsseldorf, Frankfurt, Hannover, Múnic, Stuttgart
Vueling Barcelona, Palma de Mallorca
  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  2. Eurowings (ed.). "Neue Strecken". Consultado o 6 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar