WOW air é unha aeroliña de baixo custo islandesa centrada en voos transatlánticos. A compañía ten a súa sede en Reiquiavik e está baseada no aeroporto de Keflavík.[1]

WOW air
IATA
WW
OACI
WOW
Indicativo
WOW AIR
Fundaciónnovembro de 2011
Inicio das operacións31 de maio de 2012
Aeroporto principalaeroporto de Reiquiavik-Keflavík
Frota18
Destinos38
Páxina web: https://wowair.com/

Historia

editar

WOW air fundouse en novembro de 2011[2] e realizou o seu voo inaugural en maio de 2012.[3] O seu fundador foi o empresario Skúli Mogensen,[2] cunha ampla experiencia comercial, principalmente en empresas tecnolóxicas en Islandia, Europa e Norteamérica.

En outubro de 2012 WOW air mercou as operacións e a rede de Iceland Express.[4] Iceland Express operaba voos a varios destinos en Europa e Norteamérica usando avións alugados. A finais dese mes, tras a compra das súas operacións, incrementáronse as frecuencias dos voos a Londres-Gatwick e a Copenhague e comezaron novos servizos a Berlín-Schönefeld, Kaunas, Salzburgo e Varsovia-Chopin. A aeroliña transportou uns 400 000 pasaxeiros en 2013. En decembro de 2014 a WOW air transportou ao seu viaxeiro 1 millón.[3]

Dende o ano 2015 WOW air comezou a espandirse cara Norteamérica, primeiro nos Estados Unidos e despois no Canadá a partir de maio de 2016.[5][6] Os voos cara Os Ánxeles e San Francisco comezaron en xuño de 2016 usando dous avións Airbus A330-300 alugados a Air Europa.[7]

 
Airbus A321-200 de WOW air
 
Airbus A330-300 de WOW air

En xuño de 2017 a frota de WOW air estaba formada polos seguintes avións:[8][9]

Frota de WOW Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
W Y Total
Airbus A320-200 2 174 174 Un operado por Avion Express[8]
Airbus A320neo 1 180 180[10]
Airbus A321-200 4 4[11][12][13] 200 200
1 208 208
3 218 218
3 220 220
Airbus A321neo 1 1[14] 218 218
Airbus A330-300 1 21 324 345[15]
2 27 318 345[16]
Airbus A330-900neo 4[13] TBA 365 As entregas comezarán en 2018[13]
Total 18 9
  1. WOW air (ed.). "Contact Us". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Business Insider (ed.). "The CEO of the hottest budget airline reveals how he turned Iceland into everyone's favorite new vacation destination". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 WOW air (ed.). "Our story". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  4. Jewish Press (ed.). "Iceland’s WOW Air to Offer Tel Aviv – New York $149 RT Flights". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  5. USA Today (ed.). "WOW Air expands to Canada, rolls out $75 flights to Iceland". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  6. USA Today (ed.). "WOW Air CEO bullish on U.S. market". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  7. WOW air (ed.). "Los Angeles and San Francisco are now on the WOW air map and we couldn't be more excited". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  8. 8,0 8,1 Icelandic Transport Authority (ed.). "Aircraft Registry Lookup". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  9. WOW air (ed.). "Meet the fleet". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  10. Airways Mag (ed.). "WOW Air Takes Delivery Of Its First A320neo". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  11. ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW Air to lease five A320 Family jets from ALC". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  12. Airbus (ed.). "WOW air orders four A321s". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  13. 13,0 13,1 13,2 ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW air to lease four A330neo from CIT Aerospace". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  14. ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW air adds maiden A321neo". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  15. WOW air (ed.). "A330 seating guide TF-GAY" (PDF). Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  16. WOW air (ed.). "A330 seating guide TF-WOW / TF-LUV" (PDF). Consultado o 25 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar