Airbus A330neo

(Redirixido desde "Airbus A330-900neo")

O Airbus A330neo ("neo" de "New Engine Option") é un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha de Airbus. É un desenvolvemento do Airbus A330 (agora A330ceo, de "Current Engine Option"). Os clientes do A330ceo solicitaron unha nova versión do avión con modernos motores desenvolvidos para o Boeing 787. O A330neo foi lanzado o 14 de xullo de 2014 durante o Farnborough Airshow, coa promesa de aforrar un 14% de combustible. O avión vai usar exclusivamente o motor Rolls-Royce Trent 7000. As súas dúas variantes están baseadas no A330-200 e -300: a -800 debería alcanzar os 13 900 km con 257 pasaxeiros, mentres que o -900 tará un alcance de 12 130 km con 287 pasaxeiros. O -900 realizou o seu primeiro voo o 19 de outubro de 2017[1] e será introducido por TAP Portugal a mediados de 2018.

Airbus A330neo
Airbus A330neo F-WTTN 29.jpg
Primeiro prototipo do avión
Tipopasaxeiros de fuselaxe ancha
FabricanteAirbus
Primeiro voo19 de outubro de 2017[1]
Introducidoagárdase para mediados de 2018 con TAP Portugal
Estadoprobas de voo
Produción2015-presente
Unidades construídas2 prototipos

DesenvolvementoEditar

EstudosEditar

No lanzamento do Boeing 787 en 2004, a resposta de Airbus foi nun primeiro momento un A330 mellorado, pero despois da resposta negativa das aeroliñas o A350 XWB converteuse nun novo deseño en 2006. Despois do lanzamento do A320neo en decembro de 2010 e do seu éxito comercial o presidente de Air Asia Tony Fernandes dixo que lle gustaría que Airbus remotorizase o A330.[2] Novos motores como o General Electric GEnx ou o Rolls-Royce Trent 1000 desenvolvidos para o 787 poderían ofrecer un 12%-15% menos de consumo, e os sharklets polo menos un 2%.

O argumento de John Leahy, o xefe de vendas de Airbus, é que o menor prezo de compra do A330 incluso sen novos motores fai que mercar un avión deste modelo sexa competitivo en rutas de alcance medio co Boeing 787.[3] Un A330neo podería acelerar a desaparición do A350-800, cun tamaño moi semellante.[4] Airbus tamén está considerando remotorizar o A380, pero non quere ter dous grandes programas de modificación simultaneamente.[5]

En marzo de 2014 Delta Air Lines estaba interesada en substituír os seus Boeing 767-300ER.[6] No mercado dos 250-300 asentos, o CIT Group cre que un A330neo permite a rendabilidade en alcances máis curtos onde os A350 e Boeing 787 non están optimizados. Steve Mason, vicepresidente de CIT para análise de avións, dixo que "o A350-800 non é tan eficiente como a eles lles gustaría". Steven Udvar-Hazy, presidente de Air Lease Corp., dixo, “Non cremos que sexa racional para nos coller o A350-800 e o A330neo [...] Non vexo ao A350-800 sobrevivindo se fan o A330neo”.[7]

Os voos de AirAsia X a Londres e París dende Kuala Lumpur foron rexeitados no ano 2012 xa que o Airbus A340 non eran o suficientemente eficientes; AirAsiaX intentouno novamente cos A330.[8] Cando Airbus aumentou gradualmente a produción do seu novo A350, a prolongación da fabricación do A330 podería axudar a manter os beneficios.[9] Cando Emirates cancelou 70 pedidos do A350, Airbus dixo que continuaría os traballos de remotorizacións do máis pequeno A330.[10]

LanzamentoEditar

 
O motor Trent 7000 nun A330neo

O 14 de xullo de 2014 no Farnborough Airshow Airbus lanzou o programa A330neo que estaría equipado co novo motor Rolls-Royce Trent 7000. Este mellorá o consumo de combustible nun 14% por asento. Airbus agarda vender 1 000 unidades do A330neo. O seu alcancé incrementarase en 740 quilómetros e aínda que o 95% das súas partes serán comúns ao A330ceo, os custos de mantemento serán menores. A súa aerodinámica mellorarase nun 4% con novos winglets estilozados do A350 XWB de 3,7 metros de ancho, aínda dentro da categoría E dos requerimentos aeroportuarios da ICAO, e novos píos para os motores.[11]

Os seus custos de desenvolvemento estímanse nuns 2 000 millóns de dólares.[9] Airbus cree os custos máis baixos fan do A330neo o avión de fuselaxe ancha de alcance medio máis eficiente do mercado. O fabricante di que pode conseguir a demanda para 4 000 avións e que hai un mercado aberto para 2 600 aparellos que aínda non están atendidos por atrasos con operadores que xa usan o A330.

En 2014 Ed Greenslet de The Airline Monitor dixo que o A330neo tería a vantaxe de non ter sido deseñado para voar 8 000 millas náuticas, a diferenza dos A350 e Boeing 787 que eran así menos rendibles en rutas máis curtas, a pesar de que "a gran maioría dos mercados de longo alcance é de 4 000 mn ou menos". Greenslet tamén cría que o "A330neo gozaría dun monopolio no seu segmento inmediatamente", ao estar o Boeing 767 "esencialmente fóra de produción, o Boeing 757 sen substituto, e ao ser o A321neo e o 737-9 máis pequenos e ter menos alcance, ademais de facerse comercado do máis pequeno A350-800.[12]

FabricaciónEditar

O 7 de setembro de 2015 Airbus anunciou que comezara a fabricación do primeiro A330neo coa construción da primeira caixa central das ás e do primeiro pío de motor.[13] A montaxe final do avión, un A330-900, iniciouse en setembro de 2016 na factoría de Tolosa.[14] En decembro dese ano o programa atrasouse seis semanas debido a problemas no desenvolvemento do motor por parte de Rolls-Royce, e o cliente de lanzamento, TAP Air Portugal, proxectou que o seu primeiro A330neo sería entregado en marzo de 2018.[15]

O primeiro avión abandonou o taller de pintura en decembro de 2016, agardando polos seus motores.[16] O seu voo de estrea adiouse ata setembro de 2017 despois da instalación do Rolls-Royce Trent 7000 durante o verán.[17] Os motores enviáronse a Airbus en xuño e o avión presentouse xa completado en Tolosa antes do seu primeiro voo.[18]

As principais estruturas do primeiro A330-800 comezaron a fabricarse en outubro de 2017: os dispositivos hipersustentadores instálanse nas ás en Bremen, as seccións da fuseláxe fabrícanse en Hamburgo, a caixa central das ás en Nantes, os píos de titanio dos motores en Tolosa, e os sharklets das puntas das ás en Corea do Sur.[19] A súa montaxe final comezou en novembro de 2017[20] e a montaxe estrutural rematou en febreiro de 2018, a falta da instalación dos motores para iniciar o seu programa de probas de 300 horas. A fabricación do aparello rematou coa instalación do primeiro interior de cabina 'Airspace'.[21]

A produción do A330 reducíuse a 50 entregas en 2019, sendo máis da metade deles A330neo.[22] En abril de 2020 o ritmo de fabricación baixou de 3,5 a 2 por mes debido ao impacto da pandemia por coronavirus na aviación, e os avións rematados almacenáronse mentres agardaban polas súas entregas.[23]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Airbus (ed.). "First A330neo becomes airborne for its maiden flight". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  2. Challenges (ed.). "Airbus devrait remotoriser l'A330". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  3. Aviation Week (ed.). "Airbus Launches High Gross Weight A330". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  4. Reuters (ed.). "Airbus studies engine revamp of A330 jet: sources". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  5. Aviation Week (ed.). "Airbus Reveals P&W A330neo, A380 Reengining Involvement". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  6. Aviation Week (ed.). "Delta To Issue Major Widebody Replacement RFP". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  7. Aviation Week (ed.). "CIT Pushes Case For A330neo". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  8. The Wall Street Journal (ed.). "Déjà Vu? Budget Jets Take On Long Hauls". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Reuters (ed.). "Battle over Airbus A330 revamp may pressure jet prices". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  10. Reuters (ed.). "Emirates cancels 70-plane A350 order in blow to Airbus, Rolls". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  11. Airbus (ed.). "Living up to its billing: Airbus officially launches the A330neo programme". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  12. "Airbus Mulls A330neo Launch, Options For A350/A380". Aviation Week Network. Consultado o 2020-11-28. 
  13. "Airbus starts production of the first A330neo". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  14. "First A330neo starts its final assembly in Toulouse". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  15. "Airbus A330neo six weeks behind schedule: source". Reuters (en inglés). 2016-12-16. Consultado o 2020-11-30. 
  16. "The #A330neo with its nice dress on!". Twitter. Consultado o 2020-11-30. 
  17. Gubisch, Michael. "Rolls-Royce sends first Trent 7000 pair to Airbus". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  18. "/// Le 1er Airbus A330neo fait son « roll-out » à Toulouse-Blagnac" (en francés). Consultado o 2020-11-30. 
  19. Kaminski-Morrow, David. "Airbus aims for first A330-800 final assembly by year-end". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  20. "New A330-800 starts final assembly". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  21. Kaminski-Morrow, David. "PICTURE: A330-800 closer to joining A330neo test fleet". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  22. Kaminski-Morrow, David. "Over half of A330 output next year to be A330neos". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  23. Kaminski-Morrow, David. "Airbus not expecting significant changes in production rates: Faury". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-11-30.