Abrir o menú principal

O aeroporto de Sylt (IATA: GWTOACI: EDXW) é o aeroporto da illa alemá de Sylt, situado no municipio do mesmo nome. Opera principalmente voos estacionais de verán cara as principais cidades de Alemaña, ademais de voos de aviación xeral e planadores.

Aeroporto de Sylt
Flughafen Sylt

Westerland auf Sylt (GWT - EDXW) AN1589689.jpg

IATA: GWT – ICAO: EDXW
Sumario
Tipo público
Operador Flughafen Sylt GmbH
Cidade/Illa Sylt, Alemaña
Elevación (msnm) 16 metros / 51 pés
Coordenadas 54°54′48″N 008°20′26″L / 54.91333, -8.34056Coordenadas: 54°54′48″N 008°20′26″L / 54.91333, -8.34056
Web http://www.flughafen-sylt.de/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 1 696 5 564 asfalto
14/32 2 120 6 955 pavimento
Estatísticas (2014)
Pasaxeiros 132 000[1]

Ás veces tamén é chamado aeroporto de Westerland/Sylt por Westerland, unha coñecida parte do municipio de Sylt pero que non é a localidade máis próxima ao aeroporto.

HistoriaEditar

A illa de Sylt ven sendo un famoso destino vacacional dende comezos do século XX. O su primeiro pequeno aeroporto construíuse xusto despois da primeira guerra mundial e en 1919 iniciáronse as primeiras rutas regulares cara Weimar, Hamburgo e Berlín.[2]

Durante a segunda guerra mundial traballouse extensivamente nas súas instalaciíns, ampliándoas para servir como base militar. Nos anos 60 o tráfico vacacional regresou e desenvolveuse con forza a partir da década seguinte.[2]

No ano 1990 o aeroporto de Sylt recibiu novo equipamento técnico ademais de incorporar novas instalacións para os pasaxeiros.[2] A día de hoxe é capaz de operar avións de tamaño medio como o Boeing 737.

En xuño de 2015 Lufthansa CityLine anunciou a expansión dos seus servizos cara Sylt, pasando os seus voos dende Frankfurt e Múnic de ser estacionais a operarse durante todo o ano.[3]

Aeroliñas e destinosEditar

Aeroliñas Destinos
Eurowings
operado por Germanwings
Estacional: Colonia/Bonn
Eurowings
operado por LGW
Düsseldorf (comeza o 19 de xaneiro de 2018)[4]
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Frankfurt, Múnic
Rhein-Neckar Air
operado por MHS Aviation
Estacional: Nürnberg
Sylt Air Estacional: Hamburgo
SkyWork Airlines Estacional: Basilea/Mulhouse, Berna
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Estacional: Zúric

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. Destatis (ed.). "Luftverkehr auf Hauptverkehrsflughäfen" (PDF). Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Flughafen Sylt (ed.). "Historia". Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  3. airliners.de (ed.). "Lufthansa verbindet ihre Drehkreuze auch im Winter mit Sylt". Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  4. Eurowings (ed.). "New routes". Consultado o 27 de novembro de 2017.