Aeroporto Internacional de Auckland
O Aeroporto Internacional de Auckland é o aeroporto internacional máis grande e importante de Nova Zelandia, servindo a máis de 12 millóns de pasaxeiros por ano, e espérase que esta cantidade se duplique nos próximos 15 anos. Atópase en Mangere, un suburbio ao oeste de Manukau City, e está a 21 km cara ao sur do centro de Auckland. É a base de operacións principal da compañía neozelandesa Air New Zealand.
Aeroporto de Auckland Auckland Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Auckland Internacional Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Auckland | ||
Elevación (msnm) | 7 metros / 23 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
05R/23L | 11,926 | 3,635 | Cemento |
05L/23R | 10,197 | 3,108 | Asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Operacións Aéreas | 155,807 | ||
Pasaxeiros | 14,829,393 |
O Aeroporto Internacional de Auckland é unha das obras máis importantes de infraestrutura de Nova Zelandia, provendo miles de postos de traballo para a rexión. É ademais o segundo "porto" de cargas do país por valor, contribuíndo con preto de 14 $billóns á economía.
En termos de total de pasaxeiros, é o cuarto máis grande en Australasia, por detrás do Aeroporto Internacional Kingsford Smith (Sydney), do Aeroporto de Melbourne e do Aeroporto de Brisbane.
O aeroporto cobra unha taxa para a mellora do Aeroporto.
Historia
editarO terreo do aeroporto foi utilizado como como pista polo Auckland Aero Club. En 1928 o club arrendar parte do terreo dun granxeiro para acomodar os tres De Havilland Gypsy Moth. O presidente do club notou no seu momento que o lugar tiña moitas vantaxes de vital importancia para un aeródromo e pista de adestramento. Tiña bos accesos, con bo drenaxe e está libre de cables de alta tensión, edificios e néboa.
En 1960 iniciáronse as obras para transformar o lugar no aeroporto principal de Auckland, desprazando a Whenuapai, no noroeste da cidade. A maior parte da pista está sobre terra gañada ao mar no Porto de Manukau. O primeiro voo realizouno un DC-8 de Air New Zealand en novembro de 1965, engalando cara a Sydney. O aeroporto foi oficialmente inaugurado ao seguinte ano, cun grande espectáculo ao aire libre durante a semana do Aniversario de Auckland, do 29 ao 31 de xaneiro de 1966.
Unha nova terminal internacional, nomeada en homenaxe a Jean Batten, foi construída en 1977. A máis recente reforma significativa realizouse no 2005, separando aos pasaxeiros que chegaban e partían do aeroporto.
Actualmente, no aeroporto estase levando a cabo unha serie de importantes proxectos de construción, os cales mostrarán importantes cambios, incluíndo unha segunda pista apropiada (xa que a existente utilízase como pista de rodaxe principal, e a súa utilización limítase a urxencias ou cando se realizan traballos de mantemento na pista principal.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
DHL Aviation operado por Tasman Cargo Airlines |
Nouméa, Sydney |
FedEx Express | Cantón, Honolulu, Os Ánxeles, Sydney |
Parcelair operado por Airwork |
Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Palmerston North |
Qantas Freight operado por Atlas Air |
Chicago–O'Hare, Honolulu, Os Ánxeles, Sydney |
Qantas Freight operado por Express Freighters Australia |
Cairns, Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Sydney |
Singapore Airlines Cargo | Melbourne, Singapur, Sydney |
Notas
editar- ↑ Air Chathams (ed.). "Whanganui schedule". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Stuff (ed.). "Air Chathams steps in as Air NZ pulls out of Whanganui". Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Voxy (ed.). "Auckland to Houston on sale from $699 one-way". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ "Air New Zealand adds Tokyo Haneda service from July 2017". routesonline. Consultado o 21 December 2016.
- ↑ "Air New Zealand to Start Seasonal Ho Chi Minh Service from June 2016". airlineroute. Consultado o 24 January 2016.
- ↑ "Air New Zealand Resumes Osaka Service from Nov 2016". airlineroute. Consultado o 1 April 2016.
- ↑ "American Aug/Sep 2017 Auckland suspensions". routesonline. Consultado o 16 April 2017.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Emirates Auckland service changes in NS18". routesonline. Consultado o 12 October 2017.
- ↑ "Hainan Airlines files New Zealand launch in Dec 2016". routesonline. Consultado o 3 October 2016.
- ↑ "Hong Kong Airlines Files Planned Auckland Launch Schedule from Nov 2016". routesonline. Consultado o 11 May 2016.
- ↑ Gibson, Nevil. "Jetstar to launch Cook Islands service next March". National Business Review. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2015. Consultado o 7 October 2015.
- ↑ "Jetstar Group Fleet". Jetstar. Consultado o 15 February 2016.
- ↑ "Jetstar launches low fares to Nelson, Napier, New Plymouth and Palmerston North". 30 August 2015. Consultado o 31 August 2015.
- ↑ "Norfolk Island Airlines pulls out of Auckland after just four months - Dan News". dannews.co.nz. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 24 de novembro de 2017.
- ↑ "Norfolk Island Airlines to begin flying from June - Australian Aviation". australianaviation.com.au.
- ↑ INQUIRER.net. "PAL to introduce nonstop Manila-Auckland flights".
- ↑ "Qatar Airways W16 operation changes as of 27AUG16". airlineroute. Consultado o 26 August 2016.
- ↑ "Samoa Airways confirms plan to launch services from 14-Nov-2017". CAPA. 25 August 2017. Consultado o 26 August 2017.
- ↑ "Sichuan Airlines plans Auckland debut in June 2017". routesonline. Consultado o 20 January 2017.
- ↑ "Tauck Tours using an Australian Fokker 50 in New Zealand".
- ↑ "Where We Fly". www.allianceairlines.com.au.
- ↑ "Tianjin Airlines files planned New Zealand schedule from Dec 2016". routesonline. Consultado o 10 September 2016.
- ↑ "United converts Auckland to seasonal service in 2017". routesonline. Consultado o 6 January 2017.
- ↑ "Virgin Australia launches flights to Samoa - Australian Aviation". australianaviation.com.au.
- ↑ "Govt. drops Virgin".