Hawaiian Airlines

Hawaiian Airlines (hawaiano: Hui Mokulele ʻo Hawaiʻi) é a aeroliña de bandeira e a máis grande do estado de Hawai. É a décima aeroliña comercial máis grande dos Estados Unidos e ten a súa sede en Honolulu.[1] O seu principal centro de conexións atópase no aeroporto Daniel K. Inouye na illa de Oahu e ten un centro de conexións secundario no aeroporto de Kahului , na illa de Maui.[2] Hawaiian Airlines opera voos a Asia, Hawai, Nova Zelandia, Australia e o Estados Unidos continental. A aeroliña é propiedade de Hawaiian Holdings Inc. Hawaiian é a aeroliña estadounse máis antiga que nunca tivo un accidente con vítimas mortais ou coa perda dun avión, e ademais adoita a estar entre as aeroliñas máis puntuais do país.[3]

Hawaiian Airlines
IATA
HA
OACI
HAL
Indicativo
HAWAIIAN
Fundación30 de xaneiro de 1929 (como Inter-Island Airways)
Aeroporto principalaeroporto Daniel K. Inouye
Centros de conexión secundariosaeroporto de Kahului
Plan de voo frecuenteHawaiianMiles
SubsidiariasʻOhana by Hawaiian
Frota55
Destinos28
HoldingHawaiian Holdings Inc.
Páxina web: https://www.hawaiianairlines.com

Frota editar

En maio de 2018 a frota de Hawaiian Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4][5]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F S Y Total
Airbus A321neo 3 13 16 44 129 189 Entregas dende 2017 ata 2020.
Airbus A330-200 24 18 68 192 278
40 236 294
Boeing 717-200 20 8 120 128
Boeing 767-300ER 8 18 234 252 Tres avións serán vendidos a United Airlines.[6]
241 259
246 264
Boeing 787-9 10
TBA
As entregas comezarán en 2021.
Opcións por 10 avións máis.[7]
Total 55 23

Notas editar

  1. Hawaiian Airlines (ed.). "Contact us". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  2. Hawaiian Airlines (ed.). "Hawaiian Airlines Creating Maui Hub to Ease Connections Statewide". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. Pacific Business News (ed.). "Hawaiian Airlines continues on-time streak". Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  4. Hawaiian Airlines (ed.). "Our Fleet". Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "Hawaiian Airlines Fleet Details and History". Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  6. Airlinerwatch (ed.). "United to add used 767-300ERs to its fleet in 2018". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  7. Boeing (ed.). "Hawaiian Airlines agrees to buy 10 787-9 Dreamliners to increase capacity and expand service". Consultado o 2 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar