Lockheed L-1011 TriStar

O Lockheed L-1011 Tristar, comunmente coecido como o L-1011 ou TriStar, é un trirreactor de pasaxeiros de fuselaxe ancha e alcance medio-longo. Foi o terceiro avión de fuselaxe ancha de pasaxe en entrar en servizo comercial, despois do Boeing 747 e do McDonnell Douglas DC-10. O avión ten capacidade para máis de 400 pasaxeiros e un alcance dunhas 4.000 millas náuticas (7.410 km). A súa configuración con tres motores coloca un Rolls-Royce RB211 baixo cada á, e un terceiro montado no centro cunha entrada de aire en forma de S incrustada na cola e na parte superior da fuselaxe. O aparello ten capacidade de aterraxe automática, un sistema de descenso automatizado, e dispón de cociña e salón na cuberta inferior.

Lockheed L-1011 Tristar
L-1011 de Gulf Air
Tipopasaxeiros
FabricanteLockheed
Primeiro voo16 de novembro de 1970
Introducido26 de abril de 1972
Estadoen servizo limitado
Produción1968-1984
Unidades construídas250

O L-1011 TriStar fabricouse con dúas lonxitudes de fuselaxe. O L-1011-1 orixinal voou por vez primeira en novembro de 1970, e entrou en servizo con Eastern Air Lines en 1972. O máis curto de longo alcance L-1011-500 realizou o seu primeiro voo en 1978, entrando en servizo con British Airways un ano despois. O TriStar coa lonxitude orixinal tamén foi fabricado cun maior peso bruto como o L-1011-100, cun motor máis potente como o L-1011-200, e posteriormente cun novo motor como o L-1011-250. Realizáronse conversións unha vez rematada a produción do L-1011-1 con maiores pesos na engalaxe, entre os que estaban os L-1011-50 e L-1011-150.

Entre 1968 e 1984 Lockheed fabricou un total de 250 TriStars. As vendas do avión víronse obstaculizadas por dous anos de atrasos debido a problemas financeiros e desenvolvemento en Rolls-Royce, o único fabricante de motores para o aparello. Cando a fabricación rematou, Lockheed retirouse do negocio dos avións comerciais debido a que as vendas non alanzaron os seus obxectivos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.