Drukair Corporation Limited (dzongkha: འབྲུག་མཁའ་འགྲུལ་ལས་འཛིན།), operando como Drukair - Royal Bhutan Airlines, é a aeroliña nacional do Reino de Bután, con base no dzongkhag occidental de Paro.

Druk Air
འབྲུག་མཁའ་འགྲུལ་ལས་འཛིན།
IATA
KB
OACI
DRK
Indicativo
ROYAL BHUTAN
Fundación5 de abril de 1981
Inicio das operacións11 de febreiro de 1983
Aeroporto principalaeroporto de Paro
Plan de voo frecuenteMy Happiness Reward
Frota4
Destinos13
Eslogan da compañíaOn the Wings of the Dragon
SedeParo, Bután
Páxina web: http://www.drukair.com.bt/

Foi fundada no ano 1981, dez anos despois de que o Druk Gyalpo Jigme Dorji Wangchuck comezase a abrir gradualmente o reino dun illamento autoimposto, e sete anos despois de recibir aos seus primeiros visitantes estranxeiros. A aeroliña comezou a operar en 1983 con voos dende Calcuta a Paro usando avións Dornier Do 228. En novembro de 1988 pasou a utilizar BAe 146-100 e, co obxectivo de satisfacer a crecente demanda, estes avións foron substituídos en 2004 por dous Airbus A319.

Drukair opera unha modesta rede de voos regulares dentro da rexión de Asia Meridional dende a súa base do aeroporto de Paro. En marzo de 2018 a aeroliña voaba a 13 destinos en seis países.[1]

Frota editar

En marzo de 2016 a frota de Drukair estaba formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Drukair
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Airbus A319-100
3
2
16
102
118
ATR 42-500 1 48 48
Total 4 2

Notas editar

  1. Druk Air (ed.). "Destinations". Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  2. Drukair (ed.). "Fleet information". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Druk Air - Royal Bhutan Airlines Fleet Details and History". Consultado o 26 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar