O Dornier Do 228 é un avión utilitario con dous motores turbohélices e capacidade STOL, deseñado e fabricado inicialmente por Dornier GmbH (despois DASA Dornier e Fairchild-Dornier) dende 1981 ata 1998. 245 fabricáronse en Oberpfaffenhofen, Alemaña. En 1983 Hindustan Aeronautics (HAL) mercou unha licenza de fabricación e produciu outros 125 aparellos en Kanpur, India. En xullo de 2017 aínda quedaban 63 aparellos en servizo.

Dornier Do 228
Tipoutilitario
FabricanteDornier GmbH
Hindustan Aeronautics Limited
RUAG
Deseñado porDornier GmbH
Primeiro voo28 de marzo de 1981
Introducidoxullo de 1982
ProduciónDornier: 1982-1997
HAL: 1985-presente
RUAG: 2010-presente
Unidades construídasDornier: 245
HAL: 125

En 2009 RUAG comezou a fabricar un Dornier 228 New Generation en Alemaña. A fuselaxe, as ás e a unidade de cola son fabricadas por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) en Kanpur, India, e transportadas ata Oberpfaffenhofen, onde RUAG Aviation realiza a montaxe final dos aparellos. O Do 228NG usa a mesma estrutura con tecnoloxías melloradas e mellores rendementos, como unhanova hélice de cinco pas, cabina de cristal e un maior alcance.[1] A primeira entrega realizouse en setembro de 2010 a un operador xaponés.[2] En setembro de 2020 RUAG vendeu o programa Do 228 a General Atomics.[3]

  1. "Dornier 228". dornier228.ruag.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 2020-12-03. 
  2. Weisberger, Harry. "Ruag Shows Off NextGen Dornier Do228NG". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2020-12-03. 
  3. "General Atomics Buys RUAG’s Dornier 228 Programme – UAS VISION" (en inglés). Consultado o 2020-12-03.