Bután

estado asiático localizado na cordilleira do Himalaia oriental
(Redirección desde «Reino de Bután»)

Bután[1] (en dzongkha: འབྲུག་ཡུལ་; Druk Yul), oficialmente o Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་ཁབ་; Druk Gyal Khap),[2] é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. Fai fronteira coa Rexión Autónoma do Tíbet da China polo norte, co estado indio de Sikkim e o val de Chumbi do Tíbet polo oeste, co estado indio de Arunachal Pradesh polo leste, e cos estados de Assam e Bengala Occidental polo sur. Bután atópase xeopoliticamente no sur de Asia e é a segunda nación menos poboada do continente, despois das Maldivas. Thimphu é a capital e a meirande cidade, mentres que Phuntsholing é o centro financeiro.

Modelo:Xeografía políticaBután

HimnoDruk tsendhen Editar o valor en Wikidata

Lema«Mae hapusrwydd yn lle» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°27′N 90°30′L / 27.45, 90.5
CapitalThimphu Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bumthang (pt) Traducir
Chukha (pt) Traducir
Dagana (pt) Traducir
Gasa (pt) Traducir
Haa (pt) Traducir
Lhuntse (pt) Traducir
Mongar (pt) Traducir
Paro (pt) Traducir
Pemagatshel (pt) Traducir
Punakha (pt) Traducir
Samdrup Jongkhar (pt) Traducir
Samtse (pt) Traducir
Sarpang (pt) Traducir
Thimphu (pt) Traducir
Trashigang (pt) Traducir
Trashiyangste (pt) Traducir
Trongsa (pt) Traducir
Tsirang (pt) Traducir
Wangdue Phodrang (pt) Traducir
Zhemgang (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación787.424 (2023) Editar o valor en Wikidata (20,51 hab./km²)
Lingua oficialLingua dzongkha Editar o valor en Wikidata
RelixiónMahayana, Hinduísmo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie38.394 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGangkhar Puensum (7.570 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoDrangme Chhu (en) Traducir (97 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Druk Gyalpo Editar o valor en WikidataJigme Khesar Namgyal Wangchuck (2008–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoLhengye Zhungtshog (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro (pt) Traducir Editar o valor en WikidataLotay Tshering Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Butão (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte Suprema do Butão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.539.551.327 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaNgultrum Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bt Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+975 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 110 e 113 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBT Editar o valor en Wikidata

Sitio webbhutan.gov.bt Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451891

A independencia de Bután mantívose durante séculos e non foi colonizado nunca ó longo da súa historia.

Etimoloxía

editar

Bután pode derivar da palabra do idioma sánscrito Bhu-Uttan que significa 'Terra Altas'. Noutra teoría derivada tamén da escritura sánscrita, Bhots-ant significa 'fin do Tíbet' ou 'sur do Tíbet'. Como sexa algúns butaneses chaman ao seu país Druk Yul ou Drukpa. Os dzongkha (e tibetanos) danlle ao seu país o nome de Druk Yul (Terra do Dragón). Pola serenidade e virxindade do país e os seus lugares turísticos, Bután actualmente é coñecido ás veces como: O último Shangri-La.

Historicamente, Bután foi coñecido por varios nomes, como Lho Mon (Escura Terra do Sur), Lho Tsendenjong (Terra Meridional do Sándalo), Lhomen Khazhi (Terra do Sur dos Catro Achegamentos) e Lho Men Jong (Terra do Sur das Menciñas Herbais).

Historia

editar

No século XVII estableceuse en Bután unha teocracia budista. En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estableceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.

Relacións internacionais

editar

Bután ten relacións diplomáticas con 54 dos 193 estados membros das Nacións Unidas e da Unión Europea.[3][4] O número limitado de relacións deste tipo de Bután, incluída a ausencia de relacións formais con calquera dos membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, forma parte dunha política isolacionista deliberada de limitar a influencia estranxeira no Estado.[5] Esta postura foi salvagardada polas estreitas relacións coa India, da que Bután foi considerado anteriormente un estado protexido.[5][6]

Goberno e política

editar

O monarca Jigme Dorji Wangchuck foi elixido rei logo da Independencia da India; considéraselle o pai da Nación, debido aos seus plans de desenvolvemento. O seu sucesor Jigme Singye Wangchuck preocupouse durante o seu reinado pola cultura do reino e o coidado do ambiente. En 2004 prohibiu o fumar en todo o reino.

Jigme Singye Wangchuck foi coroado en xullo de 1972 e reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación, entregando o trono ao seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. A noticia coñeceuse a través dun decreto escrito polo mesmo Monarca.

O poder executivo recae no primeiro ministro.

Organización político-administrativa

editar

Bután está dividido en 20 distritos (dzongkhag, en singular e plural): distrito (antiga pronuncia)

Xeografía

editar
 
Mapa de Bután.

Este pequeno país é case enteiramente montañoso, esténdese na vertente sur da cordilleira do Himalaia desde as máximas alturas na fronteira con China. O pico máis alto é o de Kula Kangri (7.554 m). Descende abruptamente ata a planicie de Duars, na fronteira sur coa India. Os ríos, ningún dos cales é navegable, son todos tributarios do río Brahmaputra.

O clima na zona sur é subtropical con grandes precipitacións; nos vales o clima é máis amornado aínda con calorosos veráns e fríos invernos e nas montañas teñen veráns frescos e invernos glaciais. As precipitacións diminúen coa altura e cara ao leste.

A parte da capital, Thimphu, outras cidades son Paro e Punakha, antiga capital invernal.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Bután.

A economía do país é principalmente agrícola. Os principais cultivos son o arroz, o trigo, o millo, as froitas e as hortalizas. Nas zonas montañosas, os agricultores crían rabaños de gando vacún e yaks. O goberno estableceu plans de desenvolvemento para impulsar a explotación sostible dos recursos do país, sobre todos os bosques e a minería. A industria limítase ao procesado de alimentos, a artesanía e o téxtil, todo para consumo interno. É importante a enerxía hidroeléctrica que é exportada á India. A principal fonte de divisas provén do turismo aínda que se atopa moi limitado.

Vídeo dunha aterraxe no aeroporto de Bután, un dos máis complexos do mundo, gravado nun Airbus A319. Só 8 pilotos no mundo están certificados para facelo.

A moeda do país é o ngultrum, que ten o mesmo valor que a rupia india.

Demografía

editar

O censo é un asunto controvertido. Segundo o declarado polo goberno non superaba os 800.000 persoas e en cambio estimábase en máis de 2 000 000 de persoas con outros censos. A razón argumentada é o temor a que un país con escasa poboación non sería admitido na ONU. Doutra banda, hai queixas da poboación de orixe nepalí, xa que din que a diminución do censo é debido a que non ten en conta a gran parte da poboación desta orixe.

A poboación concéntrase sobre todo nos vales cultivables, nas zonas do sur, e nos vilas e cidades. Os pobos do país chamados na súa totalidade bhutaneses pertencen á cultura tibetana, sobre todo están aínda máis relacionados os poboadores do oeste, que son os hexemónicos chamados ngalop. Os pobo do leste denomínanse sharchop (orientais). Ambos os pobos practican o budismo tibetano pero no oeste séguese a escola Drukpa Kagyu que é a oficial e no leste a Nyingmapa. O resto da poboación está composta polos lhotshampa, orixinarios do Nepal, que son maioritariamente hindús (cunha pequena minoría musulmá) que habitan as rexións baixas do Sur.

O idioma nacional é o Dzongkha. O goberno clasifica os 19 idiomas tibetanos relacionados como dialectos de Dzongkha. O tshangla, intimamente relacionado con dzongkha é falado nas zonas orientais. O nepalí é falado no sur. O inglés tamén ten o rango de lingua oficial.

Cultura

editar
 
O Dzong de Trongsa.

Bután é un dos países máis illados do mundo; hai moitas rexións do país nas que está restrinxido o turismo para manter intacta a cultura local. En contraste Bután é un destino só para viaxes organizadas, o goberno trata de limitar a entrada só a turistas que estean dispostos a gastar máis de 100 dólares ao día. Bután posúe unha arquitectura típica propia que está representada polas súas fortalezas chamadas dzong.

Existen unhas trinta linguas en Bután, das cales son oficiais o dzongkha e o inglés, usada esta última nas publicacións e nos negocios.[7] A taxa de alfabetismo é tan só do 42,4 %. Case todas as festas, ao seren de tradición budista ou hindú fíxanse polo calendario lunar ou co solar, polo que non teñen correspondencia exacta co calendario occidental.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Día de ano novo New Year´s Day O primeiro luns non festivo adóitase celebrar
Varía cada ano Solsticio de inverno Nyinlog
Varía cada ano Encontro dos nove diaños Meeting of Nine Evils
Varía cada ano Novo Ano chinés Têt Festa budista (Vajrayana)
Varía cada ano Día das ofrendas Offerings Day
Varía cada ano Ano novo budista Male Fire Dog New year Budista-hindú
2 de maio Aniversario do terceiro rei Third King´s Birthday
Varía cada ano Shabdrung Kuchoe Shabdrung Kuchoe Conmemora o nacemento de Buda
Varía cada ano, lúa chea do sexto mes Vesak-Buda purmima Vesak-Buda purmima Budista theravada
2 de xuño Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación no seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio Festa do coroamento Coronation Day
6 de xullo Aniversario do gurú Rinpoche Anniversary of Guru Rinpoch
Varía cada ano Primeiro sermón de buda First Sermon of Lord Buddha Festa Budista-Hindú
4 de agosto Aniversario da morte do terceiro rei Third´s King Death Anniversary
3 días Vijaya Dashami (Dasera) Vijaya Dashami (Dasera) Festa budista-hindú
13 de novembro Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación na o seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio Aniversario da súa maxestade o rei HM Jigme Singye Wangchuck´s Birthday Conmemora o nacemento do rei Jigme Singye Wangchuck.
17 de decembro Día nacional National Day of Bhutan Celebra o ascenso ao trono do primeiro rei de Bután en 1907

Mapas e imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para butanés.
  2. Driem, George van (1998). Dzongkha = Rdoṅ-kha. Leiden: Research School, CNWS. p. 478. ISBN 978-90-5789-002-4. 
  3. "Bilateral relations". Ministry of Foreign Affairs of Bhutan. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  4. "Israel normalizes ties with Bhutan". The Jerusalem Post | JPost.com (en inglés). Consultado o 2020-12-12. 
  5. 5,0 5,1 Chaudhury, Dipanjan Roy. "Bhutan doesn't have diplomatic ties with any of the 5 UNSC permanent members". The Economic Times. Consultado o 2021-10-19. 
  6. Bedjaoui, Mohammed (1991). International Law: Achievements and Prospects. Martinus Nijhoff Publishers. pp. 51–. ISBN 92-3-102716-6. : "The Treaty of Friendship of 8 August 1949 between Bhutan and India is an example of the creation of a protected State, Bhutan, with a quite loose relationship to the protecting State, India. By the terms of this Treaty of Friendship, Bhutan agreed to follow the guidance given by India in so far as external relations were concerned. India was not granted the power to exercise diplomatic rights on behalf of Bhutan and this way Bhutan remained in charge of its foreign policy."
  7. "Bhutan - Languages" (en inglés). p. Ethnologue. Consultado o 11 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar