Pobo lhotshampa

grupo étnico de Bután e o Nepal

Os lhotshampa ou lhotsampa (en nepalés: ल्होत्साम्पा; en dzongkha: ལྷོ་མཚམས་པ་; lho-mtshams-pa) son un grupo étnico heteroxéneo de Bután orixinario do Nepal. Os lhotshampa habitan no sur de Bután, e por iso son chamados coloquialmente como sureños. A comezos de 2007, moitos lhotshampas foron trasladados a terceiros países, como os Estados Unidos, o Canadá, Australia e o Reino Unido, así como países europeos. No presente, o número de lhotshampa do Nepal é significativamente menor ó dos Estados Unidos e outros países onde foron asentados.[2] Este pobo de orixe nepalesa comezou a asentarse en áreas inhabitadas do sur de Bután no século XIX.[3]

Pobo lhotshampa
Refuxiados lhotshampa no Nepal.
Poboación
Poboación total:
241 899[1]
Rexións principais:
Bután241 899
Aspectos culturais
LinguaNepalés e dzongkha
RelixiónHinduísmo e budismo
Grupos
relacionados
Bahun, khas e kirati

Notas editar

  1. "Population of Lhotshampas in Bhutan". UNHCR. 2004. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  2. Aris, Michael (1979). Bhutan: The Early History of a Himalayan Kingdom. Aris & Phillips. p. 344. ISBN 978-0-85668-199-8. 
  3. "Background and History: Settlement of the Southern Bhutanese". Bhutanese Refugees: The Story of a Forgotten People. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2010. Consultado o 3 de outubro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar