Aeroporto de Paro

O aeroporto de Paro (IATA: PBHOACI: VQPR) é o único aeroporto internacional dos catro que existen no Reino de Bután. Está situado a 6 quilómetros de Paro, nun profundo val na ribeira do río Paro Chhu. Con montes aos seus arredores de ata 5 500 m, está considerado un dos aeroportos máis desafiantes do mundo,[1] e só un selecto número de pilotos está certificado para aterrar nel.[2][3] Os voos en Paro só se permiten baixo condicións meteorolóxicas visuais e están restrinxidos ás horas nas que hai luz do día. Ata o ano 2011 o de Paro foi o único aeroporto do país.

Aeroporto de Paro
སྤ་རོ་གནམ་ཐང༌

IATA: PBH – ICAO: VQPR
Sumario
Tipo público
Cidade/Illa Thimphu e o distrito de Paro
Elevación (msnm) 2 235 metros / 7 332 pés
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
15/33 1 964 6 445 asfalto

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
Aeroliñas Destinos
Bhutan Airlines Bangkok-Suvarnabhumi, Delhi, Katmandú, Kolkata
Estacional: Gaya[4]
Buddha Air Chárter: Katmandú
Druk Air Bagdogra, Bangkok-Suvarnabhumi, Delhi, Dacca, Gelephu, Guwahati, Jakar, Katmandú, Kolkata , Singapur
Aeroliñas Destinos
Druk Air Cargo Bangkok-Suvarnabhumi, Dacca, Kolkata, Singapur
  1. Boeing (ed.). "737-700 Technical Demonstration Flights in Bhutan" (PDF). Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  2. Travel and Leisure (ed.). "The World's Scariest Runways". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  3. Daily Mail (ed.). "Now might be time for the brace position! The Himalayan airport so dangerous only eight pilots are qualified to land there". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  4. Routes Online (ed.). "Bhutan Airlines adds Gaya service in W17". Consultado o 25 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar