Aeroporto internacional Tribhuvan
O aeroporto internacional Tribhuvan (IATA: KTM, OACI: VNKT) é un aeroporto en Katmandú, Nepal. Está situado a uns 6 quilómetros do centro da cidade, no val de Katmandú. É o único aeroporto internacional do país, aínda que o aeroporto de Nijgadh foi proposto como o segundo. En 1949 comezou a servir como aeródromo e foi inaugurado no ano 1955 polo rei Mahendra. Recibiu o seu nome actual en 1964. Orixinalmente era unha pista de herba e en 1957 pasou a ser de formigón sendo ampliada varias veces. O primeiro reactor aterrou en Tribhuvan en 1967 e as operacións regulares con este tipo de avións comezaron en 1972.
Aeroporto internacional Tribhuvan त्रिभुवन अन्तर्राष्ट्रिय विमानस्थल
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Autoridade de Avión Civil do Nepal | ||
Cidade/Illa | Katmandú | ||
Elevación (msnm) | 1 338 metros / 4 390 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
02/20 | 3 050 | 10 007 | formigón |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 3 210 000[1] |
O aeroporto ten unha terminal doméstica e outra internacional. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións 3,21 millóns de pasaxeiros.[1] En 2018 preto de 40 aeroliñas internacionais operaban en Tribhuvan con voos cara Asia e Oriente Medio. O aeroporto serve de centro de conexións para varias aeroliñas do país.
Aeroliñas e destinos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 The Kathmandu Post (ed.). "Int'l passenger traffic drops for first time in 13 years". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Nepal's Himalaya Airlines to modify Dubai ops in 4Q17". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ anna.aero (ed.). "Nepal welcomes three new carriers; overall capacity to the nation down 3.9%; Saudi Arabia and Sri Lanka to be next country markets?". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Aviation Nepal (ed.). "NAC to commence Regular Flights to Meghauli and Taplejung from Nov 29". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Nepal Airlines (ed.). "International schedule". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Nepal Airlines (ed.). "Domestic schedule". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Aviation Nepal (ed.). "Regent Airways initiates direct flight to Nepal". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Simrik Airlines (ed.). "Flight schedule". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tibet Airlines adds Nepal service from March 2017". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tibet Airlines adds international routes from Xi'An from late-Aug 2017". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Wataniya schedules additional routes launch in 4Q17". Consultado o 9 de abril de 2018.