Aeroporto Netaji Subhas Chandra Bose
O aeroporto internacional Netaji Subhas Chandra Bose (IATA: CCU, OACI: VECC) é un aeroporto situado en Calcuta, a capital do estado indio de Bengala Occidental, serviando á súa área metropolitana. Atópase a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Anteriormente foi coñecido como aeroporto de Dum Dum antes de recibir o seu nome actual na honra de Netaji Subhas Chandra Bose, un importante líder do movemento de independencia indio.
Aeroporto Netaji Subhas Chandra Bose নেতাজি সুভাষ চন্দ্র বোস আন্তর্জাতিক বিমানবন্দর
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Autoridade Aeroportuaria da India | ||
Cidade/Illa | Calcuta | ||
Localización | Dum Dum | ||
Elevación (msnm) | 5 metros / 16 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01L/19R | 2 790 | 9 154 | asfalto |
01R/19L | 3 627 | 11 900 | asfalto |
Estatísticas (2016-2017) | |||
Pasaxeiros | 15 819 539 |
O aeroporto de Calcuta é o principal centro de conexións para o transporte aéreo da parte leste do país e un dos dous aeroportos internacionais que operan no estado de Bengala Occidental, sendo o outro o de Bagdogra. No ano fiscal 2016-2017 usaron o aeroporto 15,8 millóns de pasaxeiros, sendo o quinto máis concorrido do país en termos de pasaxe despois de Delhi, Bombai, Bangalore e Chennai. O aeroporto é un importante centro de conexións para voos cara ao nordés da India, Bangladesh, Bután, a China e o Sueste Asiático.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Blue Dart Aviation | Bangalore, Chennai, Delhi, Bombai[4] |
Cathay Pacific Cargo | Delhi, Hong Kong |
Qatar Airways Cargo | Dacca, Doha |
Notas
editar- ↑ Routes Online (ed.). "AirAsia adds Johor Bahru – Kolkata from Nov 2017". Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ The Telegraph India (ed.). "Four new AirAsia flights from Aug. 1". Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ Maps of India (ed.). "Flights From Kolkata to Bangalore". Archived from the original on 29 de novembro de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ Blue Dart (ed.). "Network". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.