Aeroporto Sri Guru Ram Dass Jee
O aeroporto internacional Sri Guru Ram Dass Jee (IATA: ATQ, OACI: VIAR) é un aeroporto situado a uns 11 quilómetros ao noroeste da cidade de Amritsar, na India. Foi bautizado na honra do Gurú Ram Das, o cuarto dos gurús Sikh e fundador de Amritsar. Ademais da cidade de Amritsar, o aeroporto tamén serve ás áreas veciñas de Punjab, os distritos occidentais de Himachal Pradesh e os distritos do sur de Jammu e Kashmir. O aeroporto opera voos a 21 destinos domésticos e 8 internacionais. No ano 2017 quedou no terceiro lugar entre os mellores aeroporto non metropolitanos da India segundo unha enquisa de satisfacción realizada aos clientes.[1] O aeroporto rexistrou un incremento de tráfico do 54,4% entre outubro de 2016 e outubro de 2017.[2]
Aeroporto Sri Guru Ram Dass Jee Sri Guru Ram Dass Jee International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Airports Authority of India | ||
Cidade/Illa | Amritsar | ||
Localización | Rajasansi | ||
Elevación (msnm) | 230 metros / 756 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 3 658 | 12 001 | asfalto |
Estatísticas (Abril de 2016 - marzo de 2017) | |||
Pasaxeiros | 1 566 407 |
Aeroliñas e destinos
editarNotas
editar- ↑ The Hindu (ed.). "Tiruchi fifth best among non-metro airports: Survey". Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Airports India (ed.). "Passengers" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2018.