Air Astana
Air Astana (casaco: Эйр Астана) é a aeroliña nacional da República de Casaquistán. Baseada en Almati,[1] opera voos regulares domésticos e internacionais a 64 destinos dende o seu principal centro de conexións, no aeroporto de Almati, e o seu centro de conexións secundario, no aeroporto de Astana. É unha empresa conxunta entre o fondo soberano casaco Samruk-Kazyna (51%) e BAE Systems PLC (49%).[2] Foi incorporada en outubro de 2001 e iniciou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002.
Air Astana | ||
---|---|---|
IATA KC | OACI KZR | Indicativo ASTANALINE |
Fundación | 29 de agosto de 2001 | |
Inicio das operacións | 15 de maio de 2002 | |
Plan de voo frecuente | Nomad Club | |
Frota | 31 | |
Destinos | 64 | |
Eslogan da compañía | From the Heart of Eurasia | |
Sede | Almati, Casaquistán | |
Páxina web: https://airastana.com |
Historia
editarOrixinalmente foi concivida como unha aeroliña puramente doméstica. BAE Systems accedeu a participar a mediados de 2001 na nova empresa a petición do presidente do país, Nursultan Nazarbayev, co obxectivo de facilitar o contrato para un radar aéreo que estaba negociando co goberno de Casaquistán. Sir Richard Evans, o presidente de BAE Systems na época, foi clave para acadar no acordo. Porén, o contrato para o radar nunca se materializou, e os posteriores cambios na dirección e nas estratexias de BAE Systems levaron ao peche das súas oficinas en Casaquistán. Ademais, a pesar do apoio de Nazarbayev e de varios conselleiros próximos, a empresa foi vista nun primeiro momento como unha entidade estranxeira atopando unha oposición inmediata por parte de moitos elementos dos medios e da clase política do país.
2002-2005
editarA pesar da falta de apoios, a aeroliña conseguiu saír adiante. Baixo o mandato do seu primeiro presidente, o antigo executivo de British Airways Lloyd Paxton, alugou os seus primeiros 3 Boeing 737 a International Lease Finance Corporation (ILFC) e comezou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002. A finais de 2003 alugou avións Fokker 50 a Aircraft Finance Trading BV (AFT) e 3 Boeing 757 a Pegasus Leasing Corp. No seu primeiro ano de operacións declarou beneficios. Tras a bancarrota da anterior aeroliña de bandeira Air Kazakhstan en febreiro de 2004, moveuse rapidamente para expandir a súa rede doméstica cara rutas internacionais como Dubai, Istanbul, Moscova, Pequín, Frankfurt e Londres.
2005-presente
editarOs primeiros problemas co crecemento da aeroliña e desacordos sobre os plans da frota e a estratexia dos centros de conexión levaron a tensións entre os accionistas facendo que houbese un cambio na dirección en outono de 2005. Peter Foster, un antigo executivo de Cathay Pacific Airways que liderara o equipo de rehabilitación de Philippine Airlines en 1999 despois dunha tempada como CEO en Royal Brunei Airlines, foi nomeado presidente da aeroliña o 1 de outunro. Establecéronse plans de desenvolvemento a longo prazo e creáronse estruturas de xestión que permaneceron case sen cambios dende entón. A aeroliña vén sendo considerable rendible e foi listada entre as 20 con máis beneficios do mundo en termos de marxe neto nos anos 2010, 2011 e 2012 por Airline Business e Air Finance Journal.
Ata o 8 de decembro de 2016 Air Astana foi a única aeroliña casaca con permiso para voar cara a Unión Europea.
Frota
editarEn marzo de 2018 a frota de Air Astana estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | |||||
Airbus A320-200 | 8 | — | 16 | 132 | 148 | ||
Airbus A320neo | 1 | 5[4] | 16 | 132 | 148 | Entregas a partir de finais de 2016[5] | |
Airbus A321-200 | 4 | — | 28 | 151 | 179 | ||
Airbus A321neo | 1 | 10[4] | 28 | 151 | 179 | Serán entregados a partir de 2017[5] | |
Boeing 757-200 | 5 | — | 16 | 150 | 166 | Serán substituídos por Airbus A321neo a partir de 2019[5] | |
Boeing 767-300ER | 3 | — | 31 | 193 | 223 | ||
Boeing 787-8 | — | 3 | Serán entregados despois de 2021[6] | ||||
Embraer 190AR | 9 | — | 9 | 88 | 97 | ||
Embraer 190-E2 | — | 5 | Serán entregados a partir de 2018[7][8] | ||||
Total | 31 | 23 |
Notas
editar- ↑ Air Astana (ed.). "Head Office". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Air Astana eyes Paris and Prague services after EU lifts safety ban". Archived from the original on 11 de abril de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Air Astana Fleet Details and History". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 ch-aviation (ed.). "Kazakhstan's Air Astana to lease six A320neo Family jets". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Flight Global (ed.). "PARIS: Air Astana takes long-range A321neo to replace 757s". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Flight Global (ed.). "Air Astana to delay 787 deliveries: CEO". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ "AerCap confirms the placement of five Embraer E190-E2s with Air Astana". worldairlinenews.com (en inglés). 1 August 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-01.
- ↑ "E2s for Air Astana". Airliner World (October 2017): 8.