Airbus A330 MRTT

avión de repostaxe en voo

O Airbus A330 Multi Role Tanker Transport(MRTT) é un avión de repostaxe en voo baseado na aeronave de pasaxeiros civil Airbus A330-200. O A330 MRTT foi pedido polas forzas aéreas de Australia, Reino Unido, Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudita. O EADS/Northrop Grumman KC-45 foi unha versión do A330 MRTT proposta para a Forza Aérea dos Estados Unidos, pero o programa foi cancelado.

A330 MRTT / KC-30A Voyager
Tiporepostaxe en voo e transporte
FabricanteAirbus Military
Primeiro voo15 de xuño do 2007
Introducido1 de xuño do 2011
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Foza Aérea Saudita
Real Forza Aérea de Australia
Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos
Unidades construídas29

Deseño e desenvolvemento editar

O Airbus A330 MRTT é un derivado militar do avión de pasaxeiros A330-200. Está deseñado para os roles de repostaxe aérea e transporte. Para misión de repostaxe aérea o A330 MRTT pode equiparse cunha combinación ou calquera dos seguintes sistemas: un sistema de repostaxe de pértiga ou vainas de repostaxe baixo as ás, ademais dun receptáculo para poder ser tamén recargado no aire.

O A330 MRTT ten unha capacidade máxima de combustible de 111 000 kg sen o uso de tanques adicionais, o que deixa un espazo para 45 000 kg de carga a maiores. A á do A330 MRTT ten unha estrutura común coa do catrimotor A340-200/-300 con partes reforzadas e disposición para tubos de combustible para os motores a bordo do A340. A á do A330 MRTT así precisa poucas modificacións para o uso deses reforzos para as vainas de reabastacemento das ás.[1]

A cabina do A330 MRTT pode modificarse para levar ata 380 pasaxeiros nunha única clase, permitindo un completo rango de configuracións dende maximizar o transporte de tropas ata unha complexa personalización para transporte VIP. Entre as configuracións dispoñibles están 300 pasaxeiros nunha clase e 266 en dúas. O A330 MRTT tamén pode configurarse para realizar misións de evacuación médica; pode levar ata 130 padiolas stándar. A configuración da bodega de carga principal permite levar contedores comerciais, e contedores e palés militares, ISO e OTAN, ademais de equipo militar e outros obxectos grandes que son cargados a través dunha porta de carga. Ao igual que o A330-200, o A330 MRTT ten dous compartimentos de carga na bodega inferior e capacidade de área a granel. A bodega de carga foi modificada para ser capaz de transprtar ata 8 palés militares ademais de elementos unitarios de carga (ULD) civís.

Pode instalarse un compartimento de descanso para a tripulación opcional, situado na parte dianteira da cabina, para unha tripulación de reposto e así aumentar o tempo dispoñible de misión. Á cabina de pasaxeiros do A330 MRTT pode instalárselle unha serie de escaleiras desmontable para permitir o embarque e desembarque cando non hai dispoñibles pasarelas ou equipo de apoio en terra.

Os A330-200 comerciais stándar son entregados dende a liña de montaxe de Airbus en Tolosa, Francia ao centro de conversión de Airbus Military en Xetafe, para equiparlles os sistemas de reabastecemento e a aviónica militar. O avión de reabastecemento foi certificado polas autoridades españolas en outubro de 2010.[2] O primeiro foi entregado a Australia o 1 de xuño de 2011.[3] Qantas Defence Services converteu os outros catro A330-200 nas súas instalacións do aeroporto de Brisbane no nome de EADS para a Real Forza Aérea de Australia.[4]

O 30 de setembro de 2016, Airbus Defence and Space completou o primeiro voo do new standard A330 MRTT. O new standard conta con modificacións estruturais, melloras aerodinámicas para aforrar un 1% de combustible, aviónica actualizada e sistemas militares mellorados. A primeira entrega está planeada para o ano 2018.[5]

O equipo Airbus/Saab propuxo un avión AWACS baseado nun A330 cun radar Erieye de Saab ao Ministerio de Defensa británico en 2018 para substituír a súa frota de E-3D.[6]

Operadores editar

  Alemaña editar

  • Luftwaffe - 4 pedidos que serán propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[7]

  Arabia Saudita editar

  Australia editar

  Bélxica editar

  • Forza Aérea de Bélxica - 1 pedido que será propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[9]

  Corea do Sur editar

  Emiratos Árabes Unidos editar

  Francia editar

  Noruega editar

  Países Baixos editar

  Reino Unido editar

  Singapur editar

Notas editar

  1. "A330-200 MRTT Future Strategic Tanker Aircraft (FSTA) - Airforce Technology". Airforce Technology (en inglés). Consultado o 2018-11-28. 
  2. "A330 tanker gains military certification". Flightglobal.com (en inglés). 2010-10-06. Consultado o 2018-11-28. 
  3. "First RAAF KC-30 arrives - Australian Aviation". Australian Aviation (en inglés). 2011-05-31. Consultado o 2018-11-28. 
  4. "Qantas receives second A330 for Australia's KC-30 tanker conversion". Flightglobal.com (en inglés). 2009-06-25. Consultado o 2018-11-28. 
  5. "First new standard A330 MRTT makes maiden flight". 2016-10-13. Archived from the original on 13 de outubro de 2016. Consultado o 2018-11-28. 
  6. "UK MoD: Other bidders didn’t have a chance against Boeing Wedgetail". Defense News (en inglés). 2018-11-15. Consultado o 2022-03-14. [Ligazón morta]
  7. 7,0 7,1 "Germany and Norway place firm order for fleet of five NATO-owned Airbus A330 MRTT tankers". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-21. 
  8. "Sixth RAAF KC-30A arrives at Amberley". Australian Aviation (en inglés). 2017-09-18. Consultado o 2020-12-21. 
  9. "Belgium to invest in multi-role tanker plane". Reuters (en inglés). 2017-12-22. Consultado o 2020-12-21. 
  10. Hoyle, Craig. "Airbus Military completes A330 tanker deliveries to UAE". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-12-21. 
  11. "La France prévoit de consacrer 295 milliards d'euros à sa défense entre 2019 et 2025". Europe 1 (en francés). Consultado o 2020-12-21. 
  12. "Netherlands, Luxembourg Pitch In Two Airbus Tankers For NATO Fleet". archive.vn. 2016-10-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 2020-12-21. 
  13. "Royal Air Force". Royal Air Force (en inglés). Consultado o 2020-12-21.