Boeing C-17 Globemaster III

O McDonnell Douglas/Boeing C-17 Globemaster III é un gran avión de transporte militar desenvolvido para a Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) dende os anos 80 ata principios dos 90 por McDonnell Douglas. O C-17 leva o nome de dous cargueiros militares de pistón anteriores, o Douglas C-74 Globemaster e o Douglas C-124 Globemaster II. O C-17 realiza normalmente misións de transporte tácticas e estratéxicas, levando tropas e carga por todo o mundo; tamén pode realizar roles de evacuación médica e lanzamento aéreo. Deseñouse para substituír ao Lockheed C-141 Starlifter, e tamén para cumprir algúns dos cometidos do Lockheed C-5 Galaxy, liberando á frota de C-5 para cargas de gran tamaño.

Boeing C-17 Globemaster III
C-17 test sortie.jpg
Tipocargueiro estratéxico e táctico
FabricanteMcDonnell Douglas/Boeing
Primeiro voo15 de setembro de 1991
Introducido17 de xaneiro de 1995
Estadoen servizo
Principais usuariosUSAF
Forza Aérea da India
Royal Air Force
Produción1995 - 2015
Unidades construídas279[1]

Boeing, que se fusionou con McDonnell Douglas en 1997, continuou fabricando o C-17 tras a fusión. O transporte está en servizo coa USAF e tamén opera cos exércitos da India, Reino Unido, Australia, Canadá, Qatar, Emiratos Árabes Unidos, a Heavy Airlift Wing da OTAN, e Kuwait. O derradeiro C-17 completouse na planta de Long Beach, California o 29 de novembro de 2015.[2]

NotasEditar

  1. "Workers at Boeing say goodbye to C-17 with last major join Thursday". Press Telegram (en inglés). 2015-02-26. Consultado o 2021-01-03. 
  2. "Final Boeing C-17 Globemaster III Departs Long Beach Assembly Facility". MediaRoom. Consultado o 2021-01-03.