English Electric Canberra

O English Electric Canberra é un bombardeiro medio a reacción de primeira xeración británico. Foi desenvolvido por English Electric de mediados a finais dos anos 40 en resposta a un requirimento do Ministerio do Aire de 1944 para un sucesor do bombardeiro rápido de Havilland Mosquito. Entre os requisitos de rendemento para o tipo estaba unha destacada capacidade de bombardeo a grande altitude e velocidade. Isto logrouse en parte facendo uso da nova tecnoloxía de propulsión a reacción. Cando o Canberra foi introducido en servizo coa Royal Air Force (RAF), o primeiro operador do tipo, en maio de 1951, converteuse no primeiro bombardeiro a reacción en servizo.

English Electric Canberra
Tipobombardeiro/recoñecemento
FabricanteEnglish Electric
Primeiro voo13 de maio de 1949
Introducido25 de maio de 1951
Retirado11 de maio de 2007
Principais usuariosRoyal Air Force
Royal Navy
Forza Aérea da India
Forza Aérea do Perú
Unidades construídas949

En febreiro de 1951 un Canberra estableceu outro récord mundial cando foi o primeiro reactor en realizar un voo transatlántico sen escalas. Durante a meirande parte dos anos 50 o Canberra podía voar a máis altura que calquera outro avión do mundo, e en 1957 un Canberra estableceu un récord do mundo de altitude de 21 430 m. Debido á súa habilidade para evadir aos primeiros interceptores a reacción, e o seu avance no rendemento sobre bombardeiros de pistóns contemporáneoa, o Canberra converteuse nun popular avión no mercado de exportación, sendo mercado por varias forzas aéres tanto de países dentro da Commonwealth de Nacións como fóra. O tipo tamén foi fabricado baixo licenza en Australia por Government Aircraft Factories e nos Estados Unidos por Martin como o B-57 Canberra. Este último fabricou tanto o lixeiramente modificado B-57A Canberra como o signifiicativamente actualizado B-57B.

Ademais de ser un avión de ataque nuclear táctico, o Canberra demostrou ser altamente adaptable, servindo en varios roles como bombardeo táctico e recoñecemento fotográfico e electrónico. Os Canberra serviron durante a guerra fría, a guerra de Suez, a guerra de Vietnam, a guerra das Malvinas, as guerras indo-paqustanís, e numerosos conflitos africanos. En varias guerras os dous bandos tiñan Canberras na súa forza aérea.

O Canberra serviu durante máis de 50 anos con algúns operadores. En xuño de 2006 a RAF retirou os seus tres últimos Camberra 57 anos despois do seus primeiro voo. Tres dos Martin B-57 continúan en servizo, realizando traballos meteorolóxicos e de seguimento de reentrada para a NASA, ademais de proporcionar probas de comunicación electrónica para o seu despregamento en Afganistán.[1][2]

Notas editar