O Hawker Hurricane foi un caza británico usado durante a segunda guerra mundial, deseñado e construído por Hawker Aircraft para ser usado pola Royal Air Force. Voou por primeira vez o 6 de novembro de 1935 e entrou en servizo, como Hurricane MK I, en decembro de 1937. Foi o primeiro caza monoplano de á baixa e con tren retráctil da RAF e levou o peso das operacións de caza ata o ano 1941, cando apareceu o Spitfire.

Hawker Hurricane
Sea Hurricane
Tipocaza
FabricanteHawker
Deseñado porSydney Camm
Primeiro voo6 de novembro de 1935
Introducidodecembro de 1937
Principais usuariosRoyal Air Force
Royal Canadian Air Force
Produción1937 - 1944
Unidades construídas14.533

O Hurricane foi fundamental para o rearmamento británico ante a inminente segunda guerra mundial e puxo ao Reino Unido en condicións para poder enfrontar o conflito dende o aire. Aínda que en gran medida foi eclipsado polo Spitfire, o Hurricane fíxose famoso durante a batalla de Inglaterra, onde conseguiu sobre o 60% das vitorias aéreas da RAF sobre a Luftwaffe, e serviu nos principais escenarios da guerra.

O Hurricane orixinouse das discusións entre oficiais da RAF e o deseñador do avión Sir Sydney Camm sobre un derivado monoplano do biplano Hawker Fury a principios dos anos 30. A pesar dunha preferencia institucional polos biplanos e unha falta de interese por parte do Ministerio do Aire, Hawker refinou a súa proposta de monoplanos, incorporando varias innovacións que serían críticas para os cazas en tempo de guerra, como un tren de aterraxe retráctil e o máis potente motor Rolls-Royce Merlin. O Ministerio do Aire ordenou o Interceptor Monoplane de Hawker a finais de 1934, e o prototipo do Hurricane K5083 realizou o seu primeiro voo o 6 de novembro do ano seguinte.

O seu deseño orixinal foi modificado aparecendo varias versións que deron como resultado unha serie de avións con distintas funcións como cazas interceptores, cazabombardeiros ou avións de apoio próximo. As versións navais, coñecidas como Sea Hurricane, foron modificacións para poder operar dende buques de guerra. Algúns foron convertidos para ser lanzados dende catapulta como escolta de convois e foron coñecidos como "Hurricats". Chegaron a fabricarse máis de 14.000 aparellos ata finais de 1944, incluídos uns 1.200 Sea Hurricane e preto de 1.400 fabricados no Canadá pola empresa Canadian Car and Foundry baixo licenza.

Especificacións editar

  • Tipo: monopraza de caza Hawker Horricane MK I.
  • Envergadura: 12,19 m.
  • Lonxitude: 9,55 m.
  • Planta motriz: motor lineal Rolls-Royce Merlin II.
  • Peso máximo de engalaxe: 2.829 kg.
  • Velocidade máxima: 308 millas/hora a 10.000 pés.
  • Alcance operacional 525 millas.