Air Namibia

Air Namibia (Pty) Limited, comercializada como Air Namibia,[1] foi a aeroliña nacional de Namibia,[2] con sede en Windhoek.[3] Operaba voos regulares domésticos, rexionais e internacionais de pasaxeiros e servizos de carga. Tiña o seu centro de conexións internacional no aeroporto Hosea Kutako e un centro de conexións doméstico no máis pequeno aeroporto Eros, ámbolos dous en Windhoek.

Air Namibia
Air Namibia Airbus A340-300 Schmid-1.jpg
IATA
SW
OACI
NMB
Indicativo
NAMIBIA
Fundaciónnovembro de 1946
Fin das operacións11 de febreiro de 2021
Aeroporto principalaeroporto Hosea Kutako
Plan de voo frecuenteReward$
Frota10
Destinos18
HoldingGoberno de Namibia
Eslogan da compañíaCarrying the spirit of Namibia
SedeWindhoek
Páxina web: http://www.airnamibia.com

A aeroliña era totalmente propiedade do goberno de Namibia.[1] Air Namibia era membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional e da Asociación de Aeroliñas Africanas.[4][5]

O 11 de febreiro de 2021 o goberno namibio anunciou o cesamento inmediato de operacións e a liquidación de Air Namibia debido ás súas débedas e a anos de dependencia económica do estado. Nese momento a compañía teña 9 aeronaves e uns 600 traballadores.[6]

FrotaEditar

A frota Air Namibia estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de Air Namibia
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros
C Y Total
Airbus A319-100 4 16 96 112[8][9]
Airbus A330-200 2 30 214 244[10]
Embraer ERJ 135ER 4 2[11] 37 37
Embraer ERJ 145ER 4[11] 50 50
Total 10 6

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Air Namibia (ed.). "Company profile". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  2. All Africa (ed.). "Namibia: Air Nam Reduces Flights". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  3. Air Namibia (ed.). "Contact us". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  4. IATA (ed.). "Current Airline Members". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  5. AFRAA (ed.). "AFRAA Current Members". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  6. "Air Namibia ist am Ende". aeroTELEGRAPH (en alemán). 2021-02-11. Consultado o 2022-01-07. 
  7. Planespotters (ed.). "Air Namibia Fleet Details and History". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  8. All Africa (ed.). "Namibia: National Airline Enters New Era". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  9. The Namibian (ed.). "New Air Namibia Plane Arrives". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  10. Namibia Economist (ed.). "Air Namibia Introduces New Planes". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  11. 11,0 11,1 African Aerospace (ed.). "Air Namibia approves acquisition of six Embraer airliners". Consultado o 9 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar