Aeroporto de Uagadugú

O aeroporto de Uagadugú (IATA: OUAOACI: DFFD) é un aeroporto situado no centro de Uagadugú, a capital de Burkina Faso. Foi construído nos anos 60 e atópase a uns 1,5 quilómetros ao sueste da principal área comercial da cidade. Cando foi construído atopábase no extremo sur da cidade, pero Uagadugú dende entón experimentou unha rápida urbanización quedando o aeroporto rodeado. Ademais de ter superado a súa capacidade, o aeroporto é unha importante fonte de contaminación e riscos, polo que o goberno ten plans para construír un novo a 30 quilómetros ao norte da capital.[1]

Aeroporto de Uagadugú

IATA: OUA – ICAO: DFFD
Sumario
Tipo público/militar
Localización Uagadugú
Elevación (msnm) 316 metros / 1 037 pés
Coordenadas Coordenadas: 12°21′11″N 1°30′44″O / 12.353056, -1.512222
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04L/22R 3 028 9 934 asfalto
04R/22L 1 911 6 269 laterita
Estatísticas (2014)
Pasaxeiros 527 524

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Air Algérie Abidjan, Alxer
Air Burkina Abidjan, Accra, Bamaco, Bobo Dioulasso, Cotonou, Dakar, Lomé, Niamey
Air Côte d'Ivoire Abidjan
Air France Abidjan, París-Charles de Gaulle
ASKY Airlines Lomé, Niamey
Brussels Airlines Abidjan, Bruxelas
Ethiopian Airlines Adís Abeba, Niamey[2]
Royal Air Maroc Casablanca
Tunisair Abidjan, Tunes
Turkish Airlines Conakry,[3] Freetown-Lungi[4] Istanbul-Atatürk

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Air France Cargo París-Charles de Gaulle
Cargolux Luxemburgo
Emirates SkyCargo Dakar, Dubai-Al Maktoum, Frankfurt

Notas editar

  1. Egis (ed.). "New Ouagadougou-Donsin Airport, Burkina Faso". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  2. Routes Online (ed.). "Ethiopian consolidates Niamey / Ouagadougou service from Oct 2017". Consultado o 3 de marzo de 2018. 
  3. "Turkish Airlines atterrit enfin à Conakry". Air Journal (en francés). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  4. ,Routes Online (ed.). "Turkish Airlines adds Freetown service from Feb 2018". Consultado o 3 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • [ Web do aeroporto]