Palacio de La Magdalena
O Palacio de La Magdalena está sito na península de La Magdalena, en Santander, Cantabria (España) e foi construído entre os anos 1909 e 1911, por subscrición popular, como residencia de verán da familia do rei Afonso XIII ata o ano 1931 (cando se proclama a Segunda República Española). Deseñado polos arquitectos Javier González Riancho e Gonzalo Bringas Veiga, foi amoblado en 1913, cando foi inaugurado. En 1914 engadíronse as cuadras, de estilo inglés con tellados puntiagudos de vertentes pronunciadas, entramados de madeira etc.
Palacio de La Magdalena | |
---|---|
Palacio de La Magdalena | |
Coordenadas | 43°28′09″N 3°45′58″O / 43.46916667, -3.76611111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dunha obra ecléctica, que combina influencias inglesas, con abundancia de chemineas, formas das ventás, así como achegas de estilo francés, como a escalinata de dobre tramo da escaleira principal, a asimetría dos corpos do edificio e tamén algunhas pinceladas rexionalistas.
O edificio consta de dúas entradas, unha ao Norte para carruaxes, con pórtico, e outra ao Sur, que é a principal, con dous torreóns de planta octogonal e unha escalinata de tramos dobres . O palacio é de pedra de cachotería con cubertas de lousa. No interior destacan os salóns de recepción conservando algúns cadros de interese, de autores como Benedito, Sorolla, Sotomayor etc.
Dende 1932 organiza os cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- González Calderón, Carlos; Fernández Palazuelos, Pedro. Península de La Magdalena. El Ojo Avizor Fotoguías (en castelán e inglés e francés (edición trilingüe)). Creática Ediciones. ISBN 84-95210-21-5.