El Sardinero é un barrio e enclave turístico da cidade de Santander, capital de Cantabria (España) coñecido polas súas extensas praias.

Modelo:Xeografía políticaEl Sardinero
Imaxe

Localización
Mapa
 43°28′27″N 3°47′15″O / 43.4742, -3.7875Coordenadas: 43°28′27″N 3°47′15″O / 43.4742, -3.7875
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria
ConcelloSantander Editar o valor em Wikidata
Ben de interese cultural
Data1 de agosto de 1986
IdentificadorRI-53-0000342

Primeira praia de El Sardinero.
A praia do Camello.
A praza de Italia e o Casino do Sardinero, visto desde o Hotel Sardinero.

Historia editar

En sentido amplo enténdese por El Sardinero a área da costa comprendida entre a península da Magdalena e a zona de Mataleñas, formando o abra que leva o seu nome. En sentido estrito, o centro desta área seria a praza de Italia e os arredores.

El Sardinero comezou a ser coñecido e moi visitado a partir de mediados do século XIX e especialmente a comezos do século XX. A moda de veraneo e os beneficios saudables dos baños de ondas atraeron a este lugar a numerosos visitantes da burguesía castelá e madrileña. Aos poucos El Sardinero foise convertendo dun lugar só visitado polos veciños de Santander a unha cidade-balneario, con todos os servizos para ofrecer a unha sociedade podentes atraída polo auxe económico de Santander, vindo da man do comercio coas colonias españolas.

En base á evolución histórica e funcional deste espazo diferénciase dous morfologías urbanas: a do conxunto formado polos chalés e palacetes construídos desde finais do século XIX e a dos modernos edificios de bloques de vivendas principais ou secundarias das últimas décadas.

Na praza do Pañuelo (actualmente a praza de Italia) levantáronse hoteis, o casino, alamedas, casas de baño etc. El Sardinero foi comunicado por amplos paseos como o de Reina Victoria, Menéndez Pelayo ou o de Pérez Galdós co ensanche de Santander.

No ano 1913 inaugúrase na península da Magdalena o Palacio da Magdalena que sería residencia do rei Afonso XII durante as súas estancias de verán en Santander. Estas visitas obrigaron a crear novos servizos ao estilo arquitectónico da Belle Époque e grandes balnearios similares ao de Biarritz. Así, construíronse o Hotel Real, o Gran Casino, substituto do antigo casino, o Hipódromo de Bellavista ou o campo de polo.

É a partir da década de 1950 cando se inicia unha etapa de remodelación tanto no plano morfolóxico como funcional. Ao mesmo tempo que mantén a súa función turística, El Sardinero convértese en zona de residencia permanente de clases acomodadas.[1]

Actualmente editar

Hoxe en día a configuración de cidade-xardín que tivo El Sardinero foi substituída por edificios residenciais fronte á primeira e segunda praia do Sardinero, a praia do Camello e a praia dos Bikinis xunto á Península da Magdalena. Así mesmo, nesta parte da cidade sitúanse algunhas das grandes infraestruturas culturais e deportivas da capital, como o Palacio de Congresos e Exposicións, os Campos de Sport de El Sardinero ou o Palacio de Deportes. Este último é de deseño vangardista e cunha capacidade para albergar a 10.000 persoas en grandes eventos, nel xoga habitualmente o club de balonmán Teka Cantabria e o equipo de baloncesto Lobos Cantabria.

Pódese considerar como un subcentro da cidade de Santander, especialmente valorado pola súa calidade ambiental e como área de lecer, sendo a zona máis destacada da cidade desde o punto de vista turístico.

Galería editar

Notas editar

  1. Linares Argüelles, Mariano; Pindado Uslé, Jesús; Aedo Pérez, Carlos. (1985). "Tomo VIII". Gran Enciclopedia de Cantabria. Santander: Editorial Cantabria, S.A. ISBN 84-86420-08-3. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar