O cabo Matxitxako (ou Machichaco en castelán) é un cabo do mar Cantábrico situado na provincia de Biscaia, País Vasco (España). O cabo é o final da ladeira do monte Sollube e forma parte do termo municipal de Bermeo, xunto a Gaztelugatxe.

Modelo:Xeografía físicaCabo Matxitxako
Imaxe
Tipocabo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBermeo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°27′15″N 2°45′09″O / 43.4541, -2.7526
Bañado porGolfo de Biscaia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude60 m Editar o valor en Wikidata

No seu punto máis saínte sitúase un faro a 122 metros sobre o nivel do mar cunha torre de 20 metros e un alcance de 30 millas náuticas. O faro é automático, e dispón de sirena de néboa.

Entre as súas instalacións dispón dun radar (a 90 metros sobre o nivel do mar) e de diferentes equipos meteorolóxicos e oceanográficos.[1]

Foi construído en 1909, substituíndo ao faro vello, que se construíu en 1852. Entre os anos 1854 e 1863 foi a escola de gardafaros, entón chamados torreros. Nel xubilouse o último farero de Biscaia.

Contorna

editar

O cabo Matxitxako está situado entre a Reserva da Biosfera de Urdaibai e o Biotopo protexido de San Juan de Gaztelugatxe, o oriental pertence ao primeiro e o occidental ao segundo.

Desde o faro, e nas súas ladeiras e cantís, pódense ver ocasionalmente grandes cetáceos.

Submarinismo

editar

Máis aló da costa, a profundidade crece repentinamente, pero a escasos metros da punta do cabo existe un pequeno bajío duns 30 m. de profundidade, excelente para practicar o submarinismo.

En 2002 descubriuse un pecio afundido a 120 m de profundidade fronte ao cabo, trátase dun mercante afundido por causa descoñecida nos anos 50. O descubrimento levouno a cabo a expedición submarina Ur-sub, que descenderon os 120 m, sendo así a inmersión de mergullo máis profunda levada a cabo no País Vasco. Aínda quedan por descubrir varios, os pecios afundidos como o do Nabarra ou o dunha patrulleira alemá afundida durante a segunda guerra mundial.

  1. "Portos do Estado. Radar de Cabo Matxitxako". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2011. 

Ligazóns externas

editar