O Urola é un curto río guipuscoano de 59,3 km de lonxitude que verte as súas augas no mar Cantábrico.

Río Urola
O Urola no concello de Zestoa
PaísEspaña
NacementoMonte Aizkorri
Altitude1.891 msmn
Lonxitude59,3 km
Conca364,1 km²
Caudal medio7,98 m³/s
DesembocaduraMar Cantábrico

Curso editar

O Urola nace en Brinkola, no monte Aizkorri e segue unha dirección xeral de curso sur-norte. Desemboca no litoral en Zumaia, no Golfo de Vizcaia . A área total da conca do río ocupa 364,1 km². Os tributarios principais do Urola son os ríos Ibaieder, Errezil, Altzolaras e máis Larrondo (ou Narrondo).

Concellos que atravesa editar

No seu camiño até a costa o Urola atravesa os municipios de Legazpi, Zumarraga-Urretxu, Azkoitia, Azpeitia, Zestoa, Aizarnazabal e Zumaia. De sur a norte o Urola crea as comarcas de Urola Garaia ou Alto Urola (Zumarraga) , Urola Erdia ou Urola Medio (Azpeitia) e máis Urola Kosta ou Costa do Urola (Zumaia).