Zumarraga

concello de Guipúscoa

Zumarraga é un concello vasco da provincia de Guipúscoa. A súa poboación era de 10.104 habitantes en 2009, que residían nos 19,42 km² de superficie do concello.

Vista da vila

Está enclavado no estreito val guipuscoano do Alto Urola. Polo oeste, o río Urola sepáraa da súa veciña Urretxu, coa que forma un mesmo centro urbano. Polo sur delimita con Legazpia e Gaviria, polo oeste con Ezquioga-Ichaso e polo norte con Azpeitia e Azcoitia.

A Ruta dos Tres Templos permite visitar os tres monumentos máis representativos da vila: o Santuario de Loiola, a Ermida da Antiga e o Santuario de Arantzazu.