Saint-Nazaire, en bretón Sant-Nazer é unha cidade francesa, do departamento de Loira Atlántico, situada no norte do estuario do río Loira.

Modelo:Xeografía políticaSaint-Nazaire
Imaxe

Lema«Aperit Et Nemo Claudit» Editar o valor en Wikidata
EpónimoNazario Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°16′25″N 2°12′50″O / 47.2736, -2.2139
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsPaís do Loira
DepartamentoLoira Atlántico
Distritosarrondissement of Saint-Nazaire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación72.057 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.540,01 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921791 Traducir
Q3551141 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie46,79 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Loira Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m-0 m-47 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Saint-Nazaire (en) Traducir Editar o valor en WikidataDavid Samzun (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44600 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Saarlouis
Haikou (1992–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websaintnazaire.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: saintnazaire.officiel Twitter: VilleStNazaire Instagram: saintnazaireagglo Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O nome da cidade provén de san Nazario, que viaxou con Celso de Milán e evanxelizou os habitantes da rexión. Os seus corpos foron descubertos preto de Milán en 395.

O burgo primitivo data do século XV. Saint-Nazaire naceu co seu porto e creceu coa construción naval.

En 1808 era unha aldea de pescadores e lamaneurs (pilotos que guían os barcos comerciais no estuario), construída sobre un promontorio rochoso onde residían mariñeiros, pescadores, comerciantes e artesáns.

A construción naval comezou no século XVIII nas ribeiras do río Brivet, barrio incorporado ao concello en 1865. Nos anos 1860 implantouse un primeiro estaleiro.

Durante a segunda guerra mundial o exército de ocupación alemán construíu unha base submarina na localización da dársena de Saint-Nazaire, daquelas o único porto do Atlántico oeste capaz de recibir os grandes acoirazados alemáns.

En 1942 e 1943 sucedéronse intensos bombardeos aliados sobre a cidade, quedando esta completamente destruída. Tras a liberación da cidade, o 11 de maio de 1945, foi reconstruída baixo a dirección do arquitecto Noël Lemaresquier.

O porto

editar

O Porto Atlántico Nantes Saint-Nazaire é o primeiro porto da costa atlántica francesa e o cuarto porto marítimo de Francia. Cun tráfico exterior anual de 30 millóns de toneladas, acolle cada ano máis de 3.000 barcos mercantís.[1] De Saint-Nazaire saen tres veces por semana os ferris que levan até Xixón os camións de transporte de mercadorías.[2]

A ponte

editar
 

En 1975 entrou en servizo a ponte colgante que atravesa o estuario do Loira na súa desembocadura, entre Saint-Nazaire e Saint-Brévin. É a ponte máis longa de Francia, cun total de 3356 m e 720 m na súa parte atirantada.

Cultura

editar
  • Les Escales, festival de músicas do mundo,que ten lugar no porto de Saint-Nazaire cada mes de agosto dende 1992, coa presenza de grupos de todo o mundo.

Cidades irmandadas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar