O Miera é un río situado no norte de España, na Cornixa Cantábrica, que discorre pola Comunidade Autónoma de Cantabria e desemboca no Mar Cantábrico a través da ría de Cubas. Percorre todo o val do Miera ao que dá nome.

Modelo:Xeografía físicaRío Miera
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCastro Valnera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°10′20″N 3°39′13″O / 43.172222, -3.653611
43°26′18″N 3°45′04″O / 43.438461, -3.751144
Características
Dimensións41 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica295 km² Editar o valor en Wikidata

É probable que o seu nome derive de Magrada ou Mégrada citado por Pomponio Mela no século I.

Características

editar

De curto percorrido, o carácter torrencial da súa cabeceira exerce unha importante erosión nunha zona de orixe glaciar con fortes pendentes. O volume de auga sofre importantes crecidas (picos) e caídas (vales), froito da gran deforestación exercida nos bosques da cabeceira do val en tempos históricos para conseguir carbón vexetal, fundamentalmente para abastecer os altos fornos das Real Fábrica de Artillería de La Cavada dedicados á fabricación de artillaría, e posteriormente pola pradificación ocasionada nos séculos XIX e XX. Isto facilitou a erosión do río no val e o acarcavamento das ladeiras, sobre todo na cabeceira. A ausencia de masas forestais de importancia propiciou que, ante as crecidas do río, a vexetación non reteña a auga, o que dá lugar a un arrastre de sedimentos en suspensión, observable na turbidez do río -principalmente durante os períodos de grandes precipitacións- e causantes da colmatación acelerada, xunto ao lavado do mineral de ferro estraido das antigas minas de Pena Cabarga, da Baía de Santander (o Miera é o principal achegue de auga doce da baía).

O Alto Miera recolle augas das zonas altas da cornixa Cantábrica, a partir da cara Norte do Castro Valnera, e das vaguadas laterais de morfoloxía glaciar. Algo máis abaixo, e sobre todo no val medio, que coincide en boa parte co municipio de Miera, atópase encaixonado entre os macizos cársticos e os contrafortes do Porracolina, ao leste, e Las Enguizas, polo oeste, ambos os pertencentes á facies urgoniana (Cretáceo). As principais achegas hídricas ao río Miera neste tramo medio proceden de importantes canles subterráneas que afloran en xeral a nivel do val. A canle baixa do río percorre os chairos costeiros, con outeiros moi suaves e chairas formadas por aluvións que o propio Miera foi deixando desde o Terciario.

Véxase tamén

editar