Revolución Rusa de 1905

A Revolución rusa de 1905 foi unha onda de axitación política de masas ao longo de grandes zonas do Imperio ruso ocorrida ao longo do ano 1905. Algúns dos altercados estaban dirixidos contra o goberno, outros simplemente carecían de obxecto máis aló de reclamos moi puntuais da clase obreira ou do campesiñado. Déronse casos de terrorismo, folgas de traballadores, disturbios campesiños e motíns militares, tendo todos en común unha insatisfacción popular xeneralizada cara ao réxime do tsar Nicolao II de Rusia. A revolución conduciu ao establecemento dunha monarquía constitucional limitada e á Duma Estatal do Imperio ruso.

Revolución Rusa de 1905

Soldados a cabalo esperan aos manifestantes fronte ao Palacio de Inverno en San Petersburgo.
Data 1905
Lugar Imperio ruso
Resultado Instauración da monarquía constitucional e da Duma Imperial.

Contexto Editar

A Rusia dos tsares gobernábase como unha autocracia cunha monarquía absoluta e unha nobreza que posuía case toda a terra cultivable que explotaba aos campesiños como servos, Rusia era un país onde a industria era relativamente escasa e que non coñecera a revolución liberal que cambiara a Europa no percorrer do século XIX. A oposición ao réxime estaba dividida en dúas grandes correntes, a liberal que aspiraba a dar a Rusia un réxime semellante ao do resto de Europa e os que desexaban unha revolución social que liberase ás masas campesiñas.

Revolta Editar

En 1905 a derrota de Rusia fronte ao Xapón na guerra ruso-xaponesa puxo de manifesto a debilidade e arcaísmo do réxime ruso e foi a faísca que prendeu o movemento revolucionario. O 22 de xaneiro de 1905 formouse en San Petersburgo unha inmensa manifestación que de forma pacífica se dirixiu ao palacio do tsar Nicolao II para pedir a convocatoria de eleccións democráticas a unha asemblea constituínte e a mellora das condicións dos traballadores. A reacción das autoridades foi brutal, a policía metrallou á multitude desde a residencia real causando arredor de mil mortos nunha xornada coñecida como o Domingo vermello, non se sabe se coa compracencia do emperador ou non xa que este non estaba na cidade. A insurrección expendeuse ás principais cidades e en Odesa os mariñeiros do acoirazado Potemkin subleváronse matando aos oficiais. O tsar en vista dos acontecementos prometeu convocar unha asemblea representativa, a Duma que se constituíu en maio de 1906 pero que tivo curta vida xa que foi disolta polo tsar pouco tempo despois.

Notas Editar

Véxase tamén Editar