Unha illa artificial é unha illa construída por persoas en lugar de formarse por medios naturais. As illas artificiais poden variar de tamaño dende pequenos illotes recuperados unicamente para soportar un único piar dun edificio ou estrutura ata os que soportan comunidades e cidades enteiras. As primeiras illas artificiais incluían estruturas flotantes en augas tranquilas ou estruturas de madeira ou de pedra erguidas en augas pouco profundas (por exemplo, crannógs e Nan Madol).

Flevopolder nos Países Baixos. Con 970 km2 é a maior illa do mundo formada por terra gañada ao mar.

Nos tempos modernos as illas artificiais adoitan formarse por recuperación de terras, mais algunhas fórmanse polo illamento incidental dun terreo existente durante a construción dunha canle (por exemplo, Donauinsel, Ko Kret e gran parte do condado de Door, Wisconsin), ou por inundacións de vales que illan as cimas dos antigos outeiros (por exemplo, a illa Barro Colorado). Unha das illas artificiais máis grandes do mundo, a illa René-Levasseur,[1][2] formouse pola inundación de dous encoros adxacentes.

Historia editar

 
Illa de arrecife ao norte de Malaita

A pesar de ser unha popular imaxe da modernidade, as illas artificiais teñen unha longa historia en moitas partes do mundo, que se remontan ás illas recuperadas da civilización exipcia antiga, aos crannogs prehistóricos de Stilt de Gales, Escocia e Irlanda, os centros cerimoniais de Nan Madol en Micronesia e as aínda existentes illas flotantes do lago Titicaca.[3] A cidade de Tenochtitlán, a predecesora azteca da Cidade de México, que contaba con 500 000 habitantes cando chegaron os españois, situábase nunha pequena illa natural do lago Texcoco rodeada de innumerables illas artificiais de chinampa.

Os pobos das lagoas de Langa e Lau en Malaita, illas Salomón, construíron unhas 60 illas artificiais no arrecife incluídas Funaafou, Sulufou e Adaege.[4][5] Os habitantes de Lau construíron illas no arrecife xa que isto proporcionaba protección contra o ataque das persoas que vivían no centro de Malaita.[6][7] Estas illas formáronse literalmente cunha rocha de cada vez. Unha familia levaba a súa canoa ao arrecife que protexía a lagoa e despois mergullábanse por rochas, levábanas á superficie e despois volvían ao lugar seleccionado e deixaban caer as rochas na auga. Vivir no arrecife tamén era máis saudable porque os mosquitos, que infestaban os pantanos costeiros, non se atopaban nas illas dos arrecifes. O pobo Lau continúa a vivir nas illas dos arrecifes.[4]

Moitas illas artificiais construíronse en portos urbanos para proporcionar un sitio deliberadamente illado da cidade ou simplemente aforrar bens inmobles doutro xeito inalcanzables nunha metrópole abarrotada. Un exemplo do primeiro caso é Dejima, creada na baía de Nagasaki no período Edo do Xapón como centro para os mercadores europeos. Durante a era illacionista, os neerlandeses foron xeralmente prohibidos en Nagasaki e os xaponeses en Dejima. Do mesmo xeito, a illa Ellis, na baía de Nova York xunto á cidade de Nova York, un antigo illote moi expandido pola recuperación da terra, serviu como centro de inmigración separado dos Estados Unidos a finais do século XIX e principios do XX, evitando a fuxida á cidade dos que tiñan negada a entrada por doenzas ou por outros defectos percibidos, que doutro xeito poderían ser tentados a formar parte da inmigración ilegal. Unha das illas artificiais máis coñecidas é a illa de Notre-Dame de Montreal, construída para a Expo 67.

As Venetian Islands en Miami Beach, Florida, na baía de Biscayne engadiron novas propiedades valiosas durante o boom da Florida nos anos vinte. Cando estalou a burbulla, a baía quedou marcada cos restos do seu fracasado proxecto. Unha empresa de desenvolvemento da cidade en auxe construía unha muralla para unha illa que se ía chamar Isola di Lolando, mais non puido continuar no negocios despois do furacán de Miami de 1926 e da Gran Depresión, condenando o proxecto de construción da illa. Os piares de formigón do proxecto aínda se manteñen.

Illas artificiais con maior superficie editar

N.º Nome Superficie (km2) Situación Ano de construción Uso
1 Flevopolder
970
Flevoland, Países Baixos
1955 (leste) e 1968 (sur)
Cidades, agricultura
2 Kansai International Airport
10.68[8]
Osaka, Xapón
1994
Aeroporto
3 Aeroporto de Hong Kong
9,4
Hong Kong
1998
Aeroporto
4 Aeroporto Chūbu Centrair
6,8
Tokoname, Xapón
2005
Airport
5 Ogizima
6,71
Yokohama, Xapón
1975
Fábrica
6 Illa Rokkō
5,8
Kobe, Xapón
1992
Vivendas
7 Illa do Fundão[9]
5,23
Río de Xaneiro, Brasil
1983
Universidade Federal do Río de Xaneiro
8 Pōto Airando
5,2
Kobe, Japan
1981
Vivendas
9 Illa Willingdon
3,96
Kochi, India
1936
Porto, base naval
10 Cebu South Road Properties
3
Cebu City, Filipinas
1990
Distrito financeiro

Impacto ambiental editar

Para construír estas illas precísase unha gran cantidade de area. A dragaxe pode provocar que a area se axite e se deposite nos arrecifes, perturbando a vida mariña.[10] Unha maior cantidade de area e de partículas de sedimentos crea condicións máis turbias, o que impide que os raios ultravioleta necesarios cheguen aos arrecifes de coral, crea turbidez (o coral acolle máis material orgánico) e aumenta a actividade bacteriana (introdúcense bacterias máis nocivas no coral).[11][12]

A implantación de illas artificiais pode diminuír a área subacuática nas augas circundantes, o que chega a provocar a degradación do hábitat de moitas especies.[12]

Status político editar

Segundo o tratado da Convención das Nacións Unidas sobre o dereito do mar (UNCLOS), as illas artificiais non se consideran obras portuarias (artigo 11) e están baixo a xurisdición do estado costeiro máis próximo se se atopan a menos de 370 km (200 millas náuticas) (artigo 56).[13] As illas artificiais non se consideran illas para ter as súas propias augas territoriais ou zonas económicas exclusivas e só o estado costeiro pode autorizar a súa construción (artigo 60);[14] con todo, en alta mar fóra da xurisdición nacional, calquera "estado" pode construír illas artificiais (artigo 87).

Notas editar

  1. "René-Levasseur: The World's Second Largest Island in a Lake?". GeoCurrents (en inglés). Consultado o 2018-08-29. 
  2. "ESA satellite images Manicouagan Crater". UPI (en inglés). Consultado o 2018-08-29. 
  3. Rawlinson, George (1889). "The Story of Ancient Egypt". Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Stanley, David (1999). South Pacific Handbook. Moon South Pacific. p. 895. 
  5. "Historical Photographs of Malaita". University of Queensland. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  6. Akimichi, Tomoya (2009). "Sea Tenure and Its Transformation in the Lau of North Malaita, Solomon Island" (PDF). South Pacific Study Vol. 12, No. 1, 1991. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de maio de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014. 
  7. Akimichi, Tomoya (1992). The ecological aspect of Lau (Solomon Islands) ethnoichthyology. 87 (4) Journal of the Polynesian Society. pp. 301–326. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  8. "関西空港の概要" (PDF). 国土交通省. Consultado o 2017-11-07. 
  9. "oglobo.globo.com/rio/concurso-de-fotos-revela-as-belezas-da-ilha-do-fundao-10707822" (en portugués). O Globo. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 2016-01-25. 
  10. "Dubai's artificial islands have high environmental cost". Mongabay Environmental News (en inglés). 2005-08-23. Consultado o 2020-05-05. 
  11. Masucci, Giovanni Diego; Acierno, Alessandro; Reimer, James Davis (2020). "Eroding diversity away: Impacts of a tetrapod breakwater on a subtropical coral reef". Aquatic Conservation: Marine and Freshwater Ecosystems (en inglés) 30 (2): 290–302. ISSN 1052-7613. doi:10.1002/aqc.3249. 
  12. 12,0 12,1 Li, Dong; Tang, Cheng; Hou, Xiyong; Zhang, Hua (2019-01-03). "Rapid Morphological Changes Caused by Intensive Coastal Development in Longkou Bay, China". Journal of Coastal Research 35 (3): 615. ISSN 0749-0208. doi:10.2112/JCOASTRES-D-18-00095.1. 
  13. "UNCLOS and Agreement on Part XI - Preamble and frame index". Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  14. "Article 60. Artificial islands, installations and structures in the exclusive economic zone (PREAMBLE TO THE UNITED NATIONS CONVENTION ON THE LAW OF THE SEA)". United Nations Convention on the Law of the Sea. Consultado o 17 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gerwick, Ben. Construction of marine and offshore structures. CRC Press, Boca Raton, 2000. ISBN 978-0849330520

Ligazóns externas editar