Universidade Estatal de San Petersburgo

institución de educación superior rusa

A Universidade Estatal de San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербургский государственный университет, Sankt-Peterburgskiy gosudárstvenny universitet) é unha institución de educación superior rusa, propiedade do estado, con sede na cidade de San Petersburgo. É unha das universidades máis antigas, grandes e prestixiosas de Rusia.

Universidade Estatal de San Petersburgo


Nome curtoСПбГУ, ЛГУ, ЛДУ e ИСПУ Editar o valor en Wikidata
Tipouniversidade pública e editor de acceso aberto Editar o valor en Wikidata
EpónimoAndrei Jdanov (pt) Traducir e Andrei Búbnov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
SedeSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
MatrizGoverno russo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 59°57′N 30°19′L / 59.95, 30.32
EstadoRusia
Cidade federalSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación22 de xaneiro de 1724, 8 de febreiro de 1724 e 20 de febreiro de 1819 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aPedro I de Rusia Editar o valor en Wikidata
Reitor/aNikolay Kropachev (en) Traducir, Karl Fedorovich Kessler (en) Traducir, Andrey Beketov (pt) Traducir, V. Sergeevich (en) Traducir, Aleksandr Markelovič Ždanov (pt) Traducir, Ivan Borgman (en) Traducir, Vladimir Shimkevich (en) Traducir, Alexander Voznesensky (en) Traducir, Aleksandr Aleksandrov e Lyudmila Verbitskaya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número estudiantes26.000 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Premios
Membro de
Composto por
Contacto
Páxina WEBspbu.ru Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: SaintPetersburgStateUniversity Twitter: spb_university Instagram: spb_university Telegram: spbuniversity1724 VK: spb1724 Youtube: UCvwsZFBgcmSuTgRcRocWFhg Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Está formada por vinte facultades especializadas, trece institutos de investigación, o Canada College, a Facultade de Estudos Militares e unha cátedra de Cultura Física e Deportes. Posúe un cadro docente de 4055 profesores (2004) e uns 39 000 estudantes. A universidade posúe dous campus principais, na illa Vasilievski e Peterhof.

Historia

editar

Orixes (1724-1821)

editar

Aínda está en disputa pola administración da universidade se a institución de educación superior máis antiga de Rusia é a Universidade Estatal de San Petersburgo ou a Universidade Estatal de Moscova. Mentres que esta última se estableceu en 1755, a primeira, que estivo en operación continua dende 1819, afirma que é a sucesora da universidade fundada xunto co Gymnasium Académico e a Academia de Ciencias de San Petersburgo o 24 de xaneiro de 1724 por un decreto de Pedro o Grande.

No período comprendido entre 1804 e 1819, a Universidade de San Petersburgo oficialmente non existía, e a institución fundada por Pedro o Grande, a Academia de San Petersburgo, xa fora disolta, xa que a nova carta da Academia de Ciencias de 1803 estipulaba que non debía haber institucións educativas que dependesen dela.

O Instituto Pedagóxico de Petersburgo cambiou o nome polo de Instituto Pedagóxico Principal en 1814, estableceuse en 1804 e ocupou unha parte do edificio dos Doce Colexios.[1] O 8 de febreiro de 1819, Alexandre I de Rusia reorganizou o Instituto Pedagóxico Principal na Universidade de San Petersburgo, que nese momento consistía en tres facultades: a Facultade de Filosofía e Dereito, a Facultade de Historia e Filoloxía e a Facultade de Física e Matemáticas.[1] O Instituto Pedagóxico Principal foi restaurado no ano 1828 como unha institución independente de educación da Universidade de San Petersburgo e formou mestres ata que se pechou definitivamente en 1859.[2]

Universidade Imperial de San Petersburgo (1821-1918)

editar

En 1821 a universidade foi renomeada como Universidade Imperial de San Petersburgo.[1] En 1823 a maior parte da universidade trasladouse dos Doce Colexios á parte sur da cidade alén da Fontanka. En 1824 foi adoptada como a primeira carta da Universidade Imperial de San Petersburgo unha versión modificada da carta da Universidade de Moscova. En 1829 había 19 profesores a tempo completo e 169 estudiantes na universidade. En 1830 o tsar Nicolao devolveu todo o edificio dos Doce Colexios de novo á universidade e os cursos reanudáronse. En 1835 aprobouse unha nova carta das universidades de Rusia que prevía a creación da Facultade de Dereito, a Facultade de Historia e Filoloxía e as Facultades de Física e Matemáticas fusionáronse na Facultade de Filosofía como os Departamentos primeiros e segundos, respectivamente.

En 1849 despois da Primavera dos Pobos, o Senado do Imperio ruso decretou que o reitor debía ser nomeado polo Ministro Nacional de Ilustración en lugar de ser elixido pola Asemblea da Universidade. Porén, Piotr Pletniov foi reelixido reitor e en última instancia converteuse no reitor de maior antigüidade na Universidade de San Petersburgo (1840-1861). En 1855 separáronse os estudos orientais da Facultade de Historia e Filoloxía e o cuarto corpo docente da Facultade de Linguas Orientais inaugurouse oficialmente o 27 de agosto de 1855.[3]

Dende 1918

editar

A Asemblea da Universidade Imperial de Petrogrado acolleu abertamente a Revolución de Febreiro de 1917, que puxo fin á monarquía rusa, e a universidade pasou a ser coñecida como Universidade de Petrogrado. Non obstante, despois da Revolución de Outubro de 1917, o persoal e a administración da universidade opuxéronse inicialmente á toma do poder polos bolxeviques e foron reticentes a cooperar co Narkompros. Máis tarde, en 1917-1922, durante a Guerra Civil Rusa, algúns dos empregados sospeitosos de simpatías contrarrevolucionarias sufriron prisión (como Lev Shcherba en 1919), execución ou exilio nos chamados barcos dos filósofos en 1922 (como Nikolai Lossky).

En 1924, a universidade pasou a chamarse Universidade Estatal de Leningrado.

Durante o sitio de Leningrado na segunda guerra mundial (1941-1944), moitos estudantes e persoal morreron de fame, en batallas ou por represións. Non obstante, a universidade continuou a funcionar, sendo evacuada a Saratov en 1942-1944.

En 1949-1950, varios profesores morreron no cárcere durante a investigación do asunto Leningrado fabricado pola dirección central soviética e foi executado o ministro de Educación da RSF de Rusia, o antigo reitor Alexander Voznesensky.

En 1991, a universidade pasou a chamarse de novo Universidade Estatal de San Petersburgo.

  1. 1,0 1,1 1,2 Lewis, David E. (2012). Early Russian Organic Chemists and Their Legacy. Springer. p. 50. ISBN 3642282199. 
  2. Rudakov, Vasiliy. Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary. p. 787, Volume VIIIa. 
  3. Kemper, Michael; Conermann, Stephan, eds. (2011). The Heritage of Soviet Oriental Studies. Taylor & Francis. p. 36. ISBN 0203832752. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar