Miguel Aleksandrovich Romanov

Miguel Aleksandrovich Romanov (en ruso Михаи́л Александрович Рома́нов), nado en San Petersburgo o 22 de novembro de 1878 e finado en Perm o 12 de xuño de 1918, foi un gran duque de Rusia e o fillo máis novo do emperador Alexandre III de Rusia e irmán de Nicolao II.

Infotaula de personaMiguel Aleksandrovich Romanov

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1878 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Pushkino, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1918 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Perm, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Emperador de todas as Rusias
15 de marzo de 1917 – 16 de marzo de 1917
← Nicolao II de Rusia
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
ProfesoresVasily Sipovsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rango militaraxudante xeneral
tenente xeneral
Admiral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNatalia Brassova (pt) Traducir (1911–) Editar o valor em Wikidata
FillosJorge Mikhailovich, Conde Brassov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexandre III de Rusia Editar o valor em Wikidata  e Dagmar de Dinamarca Editar o valor em Wikidata
IrmánsXenia Alexandrovna de Rusia, Olga de Rusia, Nicolao II de Rusia, Alexandre Aleksándrovich Románov e Xurxo Aleksandrovich Romanov Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0334737 WikiTree: Романов-6 Find a Grave: 9873 Editar o valor em Wikidata

Cando naceu, o seu avó paterno Alexandre II aínda estaba no trono de Rusia e Miguel pasou a ser o cuarto na liña de sucesión ao trono, detrás do seu pai e os seus irmáns máis vellos Nicolao e Xurxo. Tralo asasinato do seu avó en 1881 pasou a ser o terceiro; en 1894, trala morte do seu pai, o segundo; e en 1899 converteuse no herdeiro ao morrer o seu irmán Xurxo.

Co nacemento do seu sobriño, o tsarévich Aleksei en 1904, Miguel volveu ao segundo posto na liña sucesoria. Aleksei herdara unha enfermidade no sangue coñecida como hemofilia e non se esperaba que vivise moito tempo. Miguel causou conmoción na corte cando tomou como amante a Natalia Brasova, unha muller casada. Nicolao enviouno a Oryol para evitar o escándalo mais isto non detivo ao gran duque, quen viaxou frecuentemente para vela. Tralo nacemento do único fillo da parella Xurxo en 1910, Miguel levou a Natalia a San Petersburgo onde foi rexeitada pola sociedade. En 1912, Miguel casou con Natalia coa esperanza de ser retirado da liña sucesoria. A parella exiliouse de Rusia e viviu en Francia, Suíza e Inglaterra.

Despois do comezo da primeira guerra mundial Miguel regresou a Rusia, asumindo o mando dun rexemento de cabalería. Cando Nicolao abdicou o 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg., Miguel foi nomeado como o seu sucesor no lugar de Aleksei. Porén, o gran duque rexeitou aceptar o trono ata a ratificación por unha asemblea electa. Nunca foi confirmado como emperador e durante a revolución foi detido e asasinado.[1]

Traxectoria editar

Fillo do tsar Alexandre III e María Fiodoróvna, converteuse en herdeiro ao trono Imperial Ruso (tsarévich) tras a morte do seu irmán Xurxo no 1899, posición que conservou ata o nacemento do seu sobriño Alexei en 1904.

En 1912 casou en Viena con Natalia Sergeievna Cheremetevskaia, filla dun avogado de Moscova, sen autorización do seu irmán o tsar Nicolao II de Rusia, e durante este tempo residiu no exilio en Gran Bretaña, aínda que despois se lle permitiu volver á Rusia. Durante a primeira guerra mundial foi distinguido polo seu valor en combate e foi condecorado.

Marzo de 1917 editar

 
Carta de abdicación de Miguel como tsar

O 2 (15) de marzo de 1917 en Pskov, no salón dun vagón do tren imperial (onde instalarase o Gran Cuartel Xeral naquel momento), despois de penosas meditacións, Nicolao II firmou a acta de abdicación en favor de Miguel. Nicolao II comunicoulle a súa decisión mediante un telegrama:

03 de marzo de 1917

Petrogrado. Súa Maxestade Miguel Segundo. Os últimos acontecementos me forzaron a decidir definitivamente sobre esta etapa extrema. Perdóeme, se o aflixín, non tiven tempo para avisar. Continúo irmán sempre fiel e dedicado. Fervorosamente rezo a Deus para o axude a vostede e a súa terra natal.

Nicky.[2][3]

Un día máis tarde, Miguel, premido baixo o poder dos revolucionarios firmou a súa abdicación.

Eu ... tomo unha firme decisión neste caso asume o poder supremo, en caso de que sexa a vontade do noso gran pobo, que é o voto popular, a través dos seus representantes na Asemblea Constituínte, establecer a nova forma de goberno e as leis fundamentais do Estado ruso. Polo tanto, pedindo a bendición de Deus, pídolle aos cidadáns do Estado ruso obedecer ao goberno provisional, a iniciativa da Duma do Estado... ata que se convoque sufraxio universal o antes posible, voto directo, igual e secreto da Asemblea na súa decisión sobre a forma na que a xunta expresou a vontade da xente.[4]

Tras isto remata o período tsarista en Rusia, sendo o último monarca da casa dos Romanov.

Despois da revolución de outubro editar

Despois da Revolución de Outubro, os bolxeviques desterrárono á cidade de Perm, preto da cal foi asasinado o 10 de xuño de 1918, na compaña do seu amigo e secretario inglés, Brian Johnson. Nunca se atoparon os seus restos. A súa viúva e o seu único fillo, o Príncipe Xurxo Brassov, lograron saír de Rusia e trasladarse a Francia.

Devanceiros editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Nicolao I de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Alexandre II de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Charlotte de Prusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Alexandre III de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Lois II, Gran Duque de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Marie de Hesse e do Rhin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Wilhelmine de Baden
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Gran Duque Miguel Aleksandrovich de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Friedrich Wilhelm, Duque de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Cristian IX de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. Louise Caroline de Hesse-Kassel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Dagmar de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Príncipe Guillerme de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Louise de Hesse-Kassel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa Louise Charlotte de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas editar

  1. Rosemary e Donald Crawford: Michael and Natasha, The Life and Love of the Last Tsar of Russia, Weidenfeld & Nicolson, Londres. 1997
  2. http://rusopedia.rt.com/personalidades/politicos/issue_181.html
  3. 3 марта 1917 г. Петроград. Его Императорскому Величеству Михаилу Второму. События последних дней вынудили меня решиться бесповоротно на этот крайний шаг. Прости меня, если огорчил тебя и что не успел предупредить. Остаюсь навсегда верным и преданным братом. Горячо молю Бога помочь тебе и твоей Родине. Ники. Versión Orixinal en ruso
  4. Отказ «восприять Верховную власть» в.к. Михаила Александровича. 3 марта 1917. 34,4х22,5. …принял я твердое решение в том лишь случае восприять верховную власть, если такова будет воля великого народа нашего, которому надлежит всенародным голосованием, чрез представителей своих в Учредительном Собрании, установить образ правления и новые основные законы Государства Российского. Посему, призывая благословение Божие, прошу всех граждан державы Российской подчиниться Временному правительству, по почину Государственной думы возникшему и облеченному всею полнотою власти, впредь до того, как созванное в возможно кратчайший срок на основе всеобщего, прямого, равного и тайного голосования Учредительное собрание своим решением об образе правления выразит волю народа.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Nicolao II
 
Tsar de Rusia*

15 de marzo de 1917 - 16 de marzo de 1917
Sucesor:
Georgii Lvov (Presidente do Goberno Provisional Ruso)
Cirilo Vladimirovich (Xefe da Casa Imperial)