Smolensk

cidade de Rusia

Smolensk (transliterado do rusoСмоленск[smɐˈlʲensk] (AFI)Smolensk ru.ogg escoitar) é unha cidade de Rusia occidental, localizada xunto ao Río Dniéper, e é a capital administrativa do óblast de Smolensk. A súa poboación en 2003 era de 351.100 habitantes. Situada a 360 quilómetros ao suroeste de Moscova, esta cidade amurallada foi destruída varias veces ao longo da historia. Estaba nas rutas de invasión de Napoleón e Hitler.

Modelo:Xeografía políticaSmolensk
Смоленск (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 54°46′58″N 32°02′43″L / 54.7828, 32.0453
EstadoRusia
ÓblastsOblast de Smolensk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación312.896 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.880,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie166,35 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Dniepr Editar o valor en Wikidata
Altitude254 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación863 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1285Siege of Smolensk (en) Traducir
1404Siege of Smolensk (en) Traducir
outubro de 1502Siege of Smolensk (en) Traducir
1 de agosto de 1514 (Gregoriano)Siege of Smolensk (en) Traducir
29 de setembro de 1609Siege of Smolensk (en) Traducir
4 de novembro de 1611Lei de Magdeburgo (pt) Traducir
maio de 1617Siege of Smolensk (en) Traducir
28 de outubro de 1632Siege of Smolensk (en) Traducir
1654Siege of Smolensk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoQ124769427 Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal214000–214999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico4812 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO66701000001 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO66401000000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kaluga (pt) Traducir
Targovishte (pt) Traducir
Woodstock (pt) Traducir
Kerch
Tulle
Hagen (1985–) Editar o valor en Wikidata

Páxina websmoladmin.ru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460020

Economía

editar
 
Estación ferroviaria de Smolensk

A cidade é un importante nó ferroviario e un destacado centro comercial, cultural e industrial. Na súa industria predominan os produtos para a construción de estradas, a maquinaria, os téxtiles e os produtos alimenticios. Os edificios de carácter histórico da cidade son dúas igrexas do século XII e a catedral da Asunción dos séculos XVII e XVIII.

Historia

editar

Etimoloxía

editar

O nome da cidade deriva do nome do Smolnya Rivulet. A orixe deste hidrónimo é menos claro. Unha posibilidade atópase na palabra eslava para terras negras. Outra alternativa é a palabra rusa smolá, que significa resina ou brea.

Orixes

editar

Smolensk é unha das cidades máis antigas de Rusia, empezou sendo un asentamento comercial fortificado. A primeira mención data de 863, dous anos despois da fundación do Rus de Kíiv. Segundo a Crónica de Néstor, Smolensk era a capital dos Kríviches. En 882 foi tomada por Oleg de Nóvgorod, no seu paso de Nóvgorod a Kíiv. O pobo xa fora tomado dúas décadas antes polos capitáns varegos Askold e Dir, cando na súa viaxe a Kíiv decidiron facerse coa cidade e a súa gran poboación.

A primeira mención estranxeira foi do Emperador Constantine Porfirogenitus. En De Administrando Imperio describe Smolensk como unha peza clave na ruta dos Varegos aos Gregos.

O principado de Smolénsk foi fundado en 1054. Pola súa posición centrada nas terras rusas, a cidade desenvolveuse rapidamente. A finais do século XII o principado era un dos máis fortes de Europa Oriental, sendo así que a dinastía de Smolénsk controlaba o trono do Rus de Kíiv. Numerosas igrexas foron erixidas nese tempo, incluíndo a de San Pedro e Pablo e a de San Xoán Bautista. A máis notable é unha que se chama Svírskaya; foi admirada polos seus contemporáneos como a estrutura máis bela do Rus.

Entre a Rusia Imperial e Mancomunidade polaco-lituana

editar

Aínda que vencida polos exércitos mongois en 1240, e debendo pagar tributo á Horda de Ouro, Smolensk gradualmente converteuse nun conflito entre o Gran Ducado de Lituania e o Principado de Moscova. Foi tomada por Vytautas de Lituania, en 1395, 1404 e 1408. Logo da incorporación ao Gran Ducado, algúns boiardos de Smolensk mudáronse a Vilna; descendentes dos príncipes fuxiron a Moscova.

Cunha poboación de 10.000 persoas, Smolensk converteuse na cidade máis grande da Lituania do século XV. Tres rexementos de Smolensk foron decisivos na Batalla de Grünwald en contra de Livonia. Lituania sufriu un severo golpe cando foi reconquistada por Basilio III de Moscova en 1514.

Para repeler os ataques da Mancomunidade polaco-lituana, Boris Godunov fortificou a cidade. O kremlin de pedra foi construído en 1597-1602. É o máis grande de Rusia. As súas fortes paredes e numerosas torres de vixilancia non evitaron que a mancomunidade se apoderara dela en 1611, logo dun longo asedio de vinte meses, durante a guerra ruso polaca (1605-1618). A debilitada Moscova cedeu o principado á mancomunidade na Tregua de Deulino e polos seguintes 43 anos foi a capital da Voivodia de Smolensk. Para recapturar a cidade, Moscova lanzou a "Guerra de Smolensk" contra a mancomunidade en 1632. Logo da terrible derrota sufrida a mans do rei Ladislau IV de Polonia, a cidade quedou en mans da mancomunidade. As hostilidades renováronse en 1654 cando a mancomunidade foi sacudida pola rebelión cosaca e a invasión sueca. Logo doutro asedio, o 23 de setembro de 1654 Smolensk foi recapturada por Rusia. En 1667 polo Tratado de Andrusovo a Mancomunidade polaco-lituana finalmente renunciou a Smolensk.

Historia moderna

editar
 
Monumento das Aguias

En agosto de 1812 tiveron lugar dúas das máis grandes batallas por parte da Grande Armée. Durante a reñida batalla, descrita por León Tolstói en ''Guerra e Paz'', Napoleón entrou na cidade. As perdas totais foron estimadas en 30.000 homes. No centro de Smolénsk destaca o monumento das Aguias, construído en 1912 para marcar o centenario da Invasión napoleónica de Rusia.

Durante a segunda guerra mundial Smolénsk foi outra vez escenario dunha das maiores batallas da guerra, a Batalla de Smolensk. En agosto 1941 o Exército Vermello realizou unha contraofensiva contra o exército alemán. Máis do 93 % da cidade foi derruída durante esta loita. En 1985, 40 anos logo da guerra, foille concedida á cidade o título de Cidade Heroica.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar