Gran Ducado de Lituania
Esta é a relación dos aspectos que precisan revisión:
|
O Gran Ducado de Lituania (en belaruso: Вялікае Княства Літоўскае, lituano: Lietuvos Didžioji Kunigaikštystė, ucraíno: Велике Князівство Литовське, polaco: Wielkie Księstwo Litewskie) foi un estado da Europa Central e do Leste, que existiu entre os séculos XII, XIII e XVIII. Fundado polos lituanos, unha das tribos bálticas pagás, cuxas terras iniciais cubriron a parte oeste de Lituania, Aukštaitija.[1][2][3] Posteriormente, expandiron o seu territorio adquirindo grandes partes do antigo Rus de Kíiv. O Gran Ducado de Lituania cubriu o territorio dos actuais países de Lituania, Belarús, Ucraína, Transnistria e Moldova (antes Besarabia); incluíndo partes de Polonia e Rusia. O seu período de maior extensión foi o século XV, sendo o país maior de Europa.[4]
Lietuva (lt) | |||||
Himno | Bogurodzica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado histórico | República das Dúas Nacións | ||||
Capital | Vilnius (1323–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.500.000 (1500 (Gregoriano)) (17,5 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua polaca Lingua rutena lingua lituana lingua latina Lingua belarusa Lingua rutena | ||||
Relixión | Baltic mythology (en) , catolicismo, igrexas católicas bizantinas, cristianismo ortodoxo e Folk Orthodoxy (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | República das Dúas Nacións (1569–1795) | ||||
Superficie | 200.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1236 (Gregoriano) | ||||
Disolución | 1795 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía monarquía electiva (1572–1795) | ||||
Órgano lexislativo | Seimas of the Grand Duchy of Lithuania (en) , | ||||
Moeda | Lithuanian long currency (en) | ||||
O título de Gran Ducado de Lituania comezouse a aplicar regularmente desde o século XIV, pero o estado multiétnico e multirrelixioso xurdiu só nos últimos anos do reinado de Gediminas.
Historia
editarOs primeiros escritos nos que se fai referencia a Lituania son os Anais de Quedlinburg, que datan de 1009. Este documento menciona pouco sobre este estado ou a súa estrutura social, exceptuando que Lituania confinaba co Rus de Kíiv e que a xente que vivía na rexión eran activos pagáns.
Establecemento do Estado
editarOutras referencias a Lituania aparecen en Crónicas eslavas, como unha das áreas que os de Rus atacaron; aparentemente a súa primeira incursión foi errada, pero os duques de Kíiv continuaron facendo incursións en territorio lituano.
A consolidación das súas terras comezou no século XII, coas numerosas incursións de lituanos entre as cidades prósperas, como Nóvgorod e Pskov. Os lituanos saquearon tamén grandes territorios doutras tribos bálticas. No ano 1131 Lituania sufriu un ataque en grande escala por parte de Mstislav I de Kíiv. De todos os xeitos, cando o exército de Mstislav volvía ao seu país, cargado de tesouros saqueados, os lituanos puideron vencer os rexementos da retagarda do exército principal de Mstislav, que estaba separada por un intervalo na formación. Non foi unha gran vitoria para os lituanos, pero igualmente isto indicaba que Lituania estaba gañando poder.
Nalgún punto entre 1180 e 1183 os lituanos empezaron a organizar incursións regulares nas provincias eslavas, asaltando o Ducado de Pólatsk e tamén Pskov, e mesmo ameazaron o de Nóvgorod. Logo da vitoriosa incursión en Livonia en 1185, os habitantes locais construíron gran cantidade de castelos, tratando de se protexeren. Desde o século XII en diante, os lituanos representaron unha ameaza real para os reinados occidentais veciños como para os eslavos.
A repentina faísca das incursións militares marcaron o proceso de consolidación do estado de Lituania, ao redor do século XII, no norte de Lituania, e posiblemente no final do século o Gran Ducado de Lituania xa se formou nestes territorios.
Século XIII
editarO século XIII significou o inicio doutras guerras cos Cabaleiros Teutóns, a Irmáns Livonios da Espada e o alzamento de Mindaugas, o cal foi coroado como Rei de Lituania en 1253. O ano 1202 marcou outro desenvolvemento que galvanizou a formación do estado: o establecemento dunha milicia cristiá, a Orde Livónica, que representou un gran risco para o paganismo na rexión. Esta ameaza reforzouse coa formación doutras ordes como a Teutónica, establecida en 1226. O sinal máis importante de consolidación foi o tratado do ano 1219, que é o documento máis antigo sobre cooperación entre o gran grupo dos duques lituanos. Este tratado lista 21 duques lituanos coas súas señorías, incluíndo o de Mindaugas. Aínda que pelexasen no pasado, lituanos e zemaiciai falaban un dialecto similar e agora enfrontábanse cun inimigo común. O formal recoñecemento de intereses comúns, e o establecemento dunha xerarquía entre os participantes do tratado mostrou o estado de urxencia.
Mindaugas, un dos mencionados grandes duques, alzou a Lituania entre estados Europeos Occidentais durante moitos anos.
Reinado de Mindaugas
editar- Artigo principal: Mindaugas.
Non se sabe exactamente como Mindaugas, un duque do sur conseguiu o poder supremo sobre Lituania. Certas crónicas eslavas mencionan que matou ou exiliou varios duques, incluíndo os seus propios parentes. Logo de asegurar o seu poder no Reino de Lituania, Mindaugas dirixiu a súa mirada a provincias e rexións eslavas, anexando aos seus dominios Goradnia e outros lugares, que eran parte do Rus de Kíiv. Estas rexións entraron no seu poder durante os anos 1239 e 1248. Logo de conquistar numerosas provincias de Rutenia, Mindaugas encargou ao seu fillo Vaišvilkas a gobernación de tales provincias, quen aparentemente suprimiu grandemente a poboación local. Un evento importante tivo lugar en 1236, que repercutiu sobre toda a rexión: un exército dirixido polo soberano zemaiciai Vykintas gañou a Batalla do Sol, inflixíndolle un catastrófico resultado para a Orde Livona, que perdeu o seu poder e se viu forzada a ser unha das ramas da Orde Teutónica. Iso significou que Zemaitija se tornase o obxectivo primario de ambas as Ordes, xa que só esa rexión as separaba fisicamente. Outra consecuencia do resultado da batalla foi unha pequena interrupción nas guerras entre os Cabaleiros Teutóns, e Lituania aproveitou esta situación, organizando ataques nas rexións rutenias.
Así ao redor de 1248 Mindaugas enviou os seus sobriños para conquistar Smolensk, pero non tiveron éxito. Os duques de Halych e Volhynia encargáronse de obter o control so Rutenia Negra, terras controladas por Vaišvilkas. Tautvilas, buscando apoio dos Cabaleiros Teutóns, foi a Riga, onde o arcebispo o bautizou e recibiu soporte militar. Pouco despois a Orde Teutónica ordenou dúas grandes incursións: unha en Nalga e outra nos dominios de Mindaugas e partes de Zemaitija que aínda o apoiaban. Mindaugas, enfrontándose cunha situación extremadamente dificultosa, amañouse para beneficiarse cos conflitos entre a Orde Livona e o Arcebispo de Riga: subornou o mestre da Orde, quen aínda estaba anoxado pola derrota de Vykintas en 1236. Andreas von Stierland acordou axudar a Mindaugas e prometeulle o seu auxilio, pero impúxolle como condición que abandonase o paganismo e se unise á Fe Católica. Mindaugas accedeu a ser bautizado e mesmo lle outorgou á Orde algunhas terras na parte oeste de Lituania. Xunto coa súa esposa e fillos foi bautizado no rito católico en 1251. O 17 de xullo de 1251 o Papa Inocencio IV expediu unha bula papal proclamando a Lituania como un Reino e o estado foi posto baixo a xurisdición do Bispo de Roma.
En 1252 Tautvilas e os aliados que quedaban atacaron a Mindaugas en Voruta. O ataque fallou e os aliados tiveron que defenderse no Castelo de Tver. Logo da morte de Vykintas, Tautvilas viuse forzado a volver con Daniel de Halych. Estes acontecementos significaron o colapso da coalición, e Daniel e Tautvilas reconciliáronse pouco despois. Cando estas pelexas terminaron, non había obstáculos para Mindaugas exercer o seu poder e en 1235 foi coroado como Rei de Lituania en Vilna, onde Mindaugas tivo a súa corte e construíu unha nova catedral.
O Papa Inocencio IV apoiou a Mindaugas, porque cría que el podería deter as incursións dos mongois-tártaros. Para fortalecer a presenza do cristianismo en Lituania designouse un bispo de Lituania, sendo o primeiro ao sacerdote dominico Vito e en 1254, Cristian. Con todo, como os eventos mostraron, os lituanos non estaban preparados para aceptar a cristiandade.
Durante os anos seguintes Mindaugas tratou de expandir a súa influencia en Pólatsk, un gran centro de comercio no val do Río Daugava e Pinsk. Tamén estableceu a paz con Halych-Volhynia, e arranxou un matrimonio entre a súa filla e Shvarn, fillo de Daniel de Volhynia e futuro gobernador de Lituania. En 1255, Mindaugas obtivo permiso do Papa Alexandre IV para coroar un dos seus fillos como Rei de Lituania.
A Orde Teutónica usou este período para fortalecer a súa posición en partes de Zemaitija e Livonia, pero en 1259 e 1260 sufriu senllas derrotas, o que deu coraxe aos prusianos, conquistados pola Orde Teutónica, a rebelarse contra estes. Animado polo seu sobriño, Mindaugas, rompeu a paz coa Orde Teutónica, puxo os zemaiciai de novo na súa xurisdición e tratou de usar a situación entre tribos bálticas rebeldes ao seu favor. As Crónicas mencionan tamén que volveu ás súas antigas crenzas.
Mindaugas fixo un trato con Alexandre Nevski de Nóvgorod e marchou contra a Orde Teutónica. Treniota dirixiu o exército contra Masovia, esperando animar as tribos bálticas conquistadas para se rebelaren contra a Orde. Non obstante, a campaña non conseguiu alcanzar os seus obxectivos e serviu para empeorar as relacións entre Mindaugas e Treniota, quen finalmente con Daumantas asasinou a Mindaugas e os seus dous fillos, Ruklys e Rupeikis en 1263.
O Gran Ducado de Lituania caeu en guerras internas.
Expansión
editarLogo da morte de Mindaugas, Treniota tomou para si o título de Gran Duque. Con todo, o seu poder era fráxil e poucos anos despois, en 1264 foi asasinado polo fillo de Mindaugas Vaišvilkas e o seu aliado de Volhynia Shvarn. Daumantas escapou para Pskov e bautizouse como Timofei e gobernou alí con éxito entre 1266-1299. Vaišvilkas, que unha vez fora un pagán fero, converteuse nun devoto da Igrexa ortodoxa. Este, logo de tres anos de reinado, cedeulle o título a Shvarn. A situación política inestable que imperaba en Lituania resultou en falta de apoio para os rebeldes bálticos, quen foron inicialmente apoiados por Mindaugas e Treniota, e as rebelións das tribos bálticas comezaron lentamente a acougar.
Shvarn tomou o poder en 1267. É probable que el non puidese tomar o control de toda Lituania e gobernase soamente o sur do Gran Ducado. Ao mesmo tempo Vaišvilkas foi asasinado por Lev Danýlovich, irmán de Shvarn, quen estaba furioso con Vaišvilkas porque este non lle transferira o poder supremo de Lituania.
No 1268 o Papa Clemente IV expediu unha bula papal, onde daba permiso ao Rei de Bohemia Ottokar II de revivir a Monarquía Lituana. No mesmo ano, o Rei e os seus soldados bohemios e austríacos chegaron a Prusia a través de Polonia e comezaron cos preparativos para unha invasión a Lituania, pero debido ás malas condicións climáticas a campaña non se puido realizar. Un ano despois Shvarn foi removido do trono lituano polo pagán Traidenis, duque de Kernavé.
Traidenis comezou a facer guerra contra Halych-Volhynia entre 1274 e 1276, saíndo vitorioso, conquistando finalmente Rutenia Negra. Traidenis tamén tivo éxito pelexando contra a Orde Livona. No ano 1270 gañou unha batalla nos xeos próximos a Saaremaa. En 1279 a Orde atacou terras lituanas e mesmo se achegou ao mesmo trono de Traidenis en Kernavė, pero na volta da campaña sufriron un gran derrota en Aizkraukle. Trala batalla, os semigalianos rebeláronse e recoñeceron a superioridade de Lituania. Traidenis fixo moitas máis campañas, morrendo en 1282.
Hai incerteza sobre quen foron os Grandes Duques de Lituania logo da morte de Traidenis.
Dinastía Gedimínida
editarEnfrontamentos contra a Orde Teutónica
editarO primeiro Gedimínida en gobernar Lituania foi Butigeidis, quen morreu en 1290 ou 1292, e o seu irmán e sub-monarca Butvydas herdou a coroa. Este á súa vez morreu en 1296, deixando o trono ao seu fillo Vytenis, quen foi mencionado como rei e señor de Lituania en 1296. Baixo o seu mandato comezou a construción da rede de castelos do Niemen que gradualmente se converteu no principal posto de avanzada e estruturas defensivas contra a Orde Teutónica. Vytenis saqueou terras polacas en 1295, continuando os seus ataques sobre estes territorios ata 1306. Estes anos foron testemuñas da desintegración do Reino de Polonia, o que Vytenis usou a favor das necesidades do seu estado e logo el apoiou ao pretendente polaco ao trono do Reino. Vytenis tamén interveu nos asuntos do Ducado de Masovia, xa que o Duque masovio Boleslaw II casou coa princesa lituana.
No final do século XIII apareceron conflitos entre cidadáns de Riga e Cabaleiros Teutóns, e Vytenis ofreceuse a axudar aos cidadáns da cidade enviando unha gornición lituana en 1298. A gornición lituana tiña o deber de protexer a cidade dos Cabaleiros. Os lituanos permaneceron en Riga ata o ano 1313. Asegurar as posicións en Riga proveulle unha situación favorable para fortalecer as rutas de comercio na rexión e organizar campañas militares contra a Orde Teutónica e provincias rutenias. Entre 1298 e 1313 Vytenis realizou ao redor de once campañas en terras prusianas controladas pola Orde, inflixíndolle unha serie de derrotas ao inimigo. Ao redor do 1307, Pólatsk foi anexada por forzas militares. A anexión de Pólatsk serviu para asegurar importantes rutas comerciais que permitiron un comercio consistente na rexión e incrementou a influencia lituana sobre as provincias rutenias restantes.
Vytenis organizou moitas máis incursións militares en terras gobernadas pola Orde Teutónica ata 1315 e figurou por última vez en fontes escritas contemporáneas a fins dese ano. O que sucedeu con Vytenis descoñécese; non obstante, o título de Gran Duque pasou a seu irmán Gediminas, o sub-monarca reinante en Samogitia e probablemente tamén en Trakai, mentres Vytenis estaba vivo. Como soberano Gediminas cambiou o seu trono de Trakai para Vilnius.[5][6]
A expansión chegou ao cume baixo o mandato de Gediminas, quen creou un forte goberno central e estableceu un imperio, que logo se estendía desde o Mar Negro e Mar Báltico. No ano 1320, moitos dos principados dependentes do Principado de Kíiv foron ou anexados ou volvéronse vasalos do Gran Ducado de Lituania. No ano 1321 Gediminas capturou Kíiv e logo restableceu Vilnius como capital lituana, despois de retirarlle o título a Trakai en 1323.
A facilidade con que Lituania construíu o seu imperio pódese atribuír ás capacidades diplomáticas e tácticas dos seus Grandes Duques, tanto como á debilidade de todos os principados dependentes do de Kíiv; Lituania estaba nunha posición ideal para herdar a parte oeste e sur do Rus de Kíiv. Mentres case todos os estados ao redor del foran saqueados ou derrotados polos mongois, pero as súas hordas nunca chegaron máis aló de Lituania cara ao norte e o seu territorio permaneceu intacto. A expansión lituana foi acelerada polo débil control que os mongois exercían sobre as áreas que conquistaran (os principados dependentes do de Kíiv nunca foron incorporados directamente á Horda de Ouro. No canto diso, foron estados vasalos cun xusto grado de independencia). O alzamento de Lituania ocorreu oportunamente, cando podían expandirse enfrontando pouca resistencia por parte dos territorios poboados por eslavos orientais e unha limitada oposición mongol.
O Paganismo Lituano e outros enfrontamentos
editarXa os lituanos abrazaran de novo o paganismo había varias décadas, era por isto e por razóns territoriais que a Orde Teutónica conducía unha ardua guerra cruzada contra eles. Aínda que en 1333 e 1339 os lituanos derrotaron as forzas mongois que querían conquistar Smolensk e sacala da esfera de influencia lituana, media década despois uniuse un exército cruzado que avanzou cara a Lituania para enfrontalos. Desta forma, o Ducado Lituano viuse forzado a enfrontar as forzas cruzadas cristiás dos reis Lois I de Hungría, de Xoán I de Bohemia e o seu fillo Carlos IV de Luxemburgo, cuxo propósito era cristianizar os lituanos pagáns. Con todo, a guerra cruzada foi un fracaso e conflitos directos co rei Casimiro III de Polonia. Estes atacaron ao rei polaco en 1345, e Lois I de Hungría auxiliouno salvando Cracovia do monarca bohemio e o seu fillo. Para o 1355, o Estado de Moldova xa se formou. A Horda de Ouro fixo pouco para retomar a área.
O Estado lituano non se construíu soamente en base a agresións militares. A súa existencia sempre dependeu tanto da diplomacia como das armas. Moitas das cidades que conquistou nunca foron derrotadas en batallas, senón que aceptaron volverse vasalos de Lituania. Anteriormente moitas destas cidades foran vasalas da Horda de Ouro ou do Principado de Moscova, as decisións lituanas non eran as de darlles independencia senón que cambiasen de señor. Un exemplo disto é Nóvgorod, que foi atraída á esfera de influencia lituana e converteuse nunha dependencia do Gran Ducado, sen os exércitos lituanos atacaren nunca a cidade. Igualmente, o control lituano sobre Nóvgorod foi o resultado de friccións internas da cidade, que quería escapar ao sometemento ruso. Este método de construción estatal era inestable. O cambio das políticas internas coas cidades podía resultar en que Lituania perdese o control, como ocorreu en varias ocasións con Nóvgorod e outras cidades rusas.
Unión Persoal con Polonia
editarO sucesor de Algirdas foi Xogaila e de acordo á Unión de Krewo, que se asinou en 1386, o Gran Duque de Lituania realizou unha unión persoal co Reino de Polonia, ao casar coa raíña Heduvixes. Jogaila comezou a cristianización de Lituania no ano 1387, o que marcou a conversión dos lituanos, o último pobo pagán de Europa, á fe católica. Ese mesmo ano Moldavia volveuse vasalo de Polonia e noutro sentido, de Lituania. Para estes anos Lituania xa conquistara algúns territorios da Horda de Ouro camiño ao río Dniéper. Nunha cruzada contra a Horda de Ouro en 1398, (en alianza con Toqtamish), Lituania invadiu o norte de Crimea e obtivo unha vitoria decisiva. Logo, en 1399, Lituania (tratando de situar a Toqtamish no trono da Horda) moveuse de novo contra estes. Na Batalla do Río Vorskla Lituania foi esmagada pola Horda de Ouro, perdendo a rexión da estepa.
Despois o goberno do Ducado foi tomado por Vitautas o Grande, quen dirixiu o exército do Gran Ducado de Lituania na Batalla de Grünwald (chamada tamén Batalla de Tannenberg ou Žalgirio mūšis) en 1410, que tivo como resultado unha vitoria lituano-polaca decisiva que significou a caída da Orde Teutónica.[7]
Baixo o mandato de Vitautas, o Gran Ducado de Lituania paulatinamente volveuse máis centralizado, xa que os príncipes dinásticos locais foron substituídos por gobernantes leais a Vitautas. Os gobernantes eran ricos terratenentes que formaron as bases da nobreza lituana. Durante o goberno de Vitautas as influentes familias Radziwiłł comezaron a formarse. Logo da morte de Vitautas, as relacións co Reino de Polonia deterioráronse enormemente. En 1432 comezaron as loitas internas polo poder entre os dous pretendentes ao trono dos que Žygimantas Kęstutaitis emerxeu vitorioso logo da Batalla de Pabaiskas.
Lituania cristianizouse no ano 1387. A cristianización foi dirixida por XJgaila, quen persoalmente traduciu pregarias cristiás ao lituano. O estado alcanzou un pico baixo o reinado de Vytatuas o Grande, quen gobernou desde o 1392 ao 1430. Vytatuas foi un dos máis famosos soberanos do Gran Ducado de Lituania. El era o Gran Duque desde 1401 a 1430, tamén o Príncipe de Goradnia (1370-1382) e o Príncipe de Lutsk (1387-1389). Vitautas o Grande era o fillo de Kęstutis, primo de Xogaila, quen se tornou Rei de Polonia no ano 1386, e avó de Basilio II de Moscova.
República das Dúas Nacións
editar- Artigo principal: República das Dúas Nacións.
Logo do asasinato do Gran Duque Žygimantas Kęstutaitis os nobres do Gran Ducado intentaron romper a unión persoal co Reino de Polonia. As guerras sen éxito contra o Principado de Moscova avivaron a unión, malia a oposición de certas familias nobres, como os Radziwiłł.
A rápida expansión de Rusia volveuna un rival para Lituania. Despois da anexión de Nóvgorod en 1478, Rusia era incuestionablemente o máis preeminente estado de Europa do Nordeste. Entre 1492 e 1508 Iván III de Rusia, despois de gañar a batalla clave en Vedrosha, reconquistou antigas terras do Rus, Chernígov e Bryansk. A perda de terras con Rusia e a continua presión pola expansión do estado ruso, representaron unha verdadeira ameaza para existencia do estado de Lituania, así que se viu forzada a establecer unha alianza con Polonia, uníndose co seu veciño occidental na República das Dúas Nacións, na Unión de Lublin en 1569. De acordo á Unión, moitos territorios anteriormente gobernados polo rutenizado Gran Ducado de Lituania transferíronse á Coroa Polaca, mentres Lituania mantiña os seus dereitos na súa federación (tiña o seu propio exército, goberno e tesouro) ata a Constitución do 3 de maio, que se regulamentou en 1791. A morte de Sexismundo II Augusto Jagellón, que mediou a creación da Unión de Lublin, marcou o fin da era da Dinastía Gedimínida, cuxos membros gobernaran Lituania desde finais do século XII.
Durante a existencia da República das Dúas Nacións, o Gran Ducado de Lituania viuse envolvido en numerosas guerras, como a Guerra Livona, a Guerra do Norte e outras. Malia vitorias e derrotas a vida cultural floreceu no Gran Ducado de Lituania, significando a apertura da Universidade de Vilnius, o aumento da publicación de libros e a construción de novos palacios e igrexas.
A unión co Reino de Polonia non previu as perdas territoriais que sufriu o Ducado co crecente poder do Principado de Moscova e finalmente en 1795 a República das Dúas Nacións se particionou na Rusia Imperial, Prusia e Austria.
Cultura
editarAs linguas oficiais no Gran Ducado eran o ruteno, o latín e o polaco. Ata 1697, o primeiro era usado para escribir leis e para falar con países orientais; o latín cos países occidentais e, en 1697, o polaco substituíu o ruteno como idioma oficial. Aínda que o uso do idioma lituano para gobernar o estado logo de Vytatuas e Jogaila (fillos de Kęstutis e Algirdas respectivamente) sexa debatible, sábese con certeza que o Rei polaco e o Gran Duque de Lituania Alexandre Xagellón aínda podían falar e entender a lingua lituana. Despois del non existen evidencias válidas. Tamén, nese tempo o nacionalismo aínda non estaba presente, e os nobres que migraban podían adaptarse á nova localidade, adoptando a cultura e relixión locais. Polo tanto, os nobres lituanos que migraron para áreas eslavas, co paso das xeracións tomaron a súa cultura. Non existen información sobre que idioma falaban estes lituanos na súa época.
Ao nacemento do estado, os lituanos conformaban o 70% da poboación total. Coa conquista de novos territorios eslavos, decreceron ao 50% e logo ao 30%. Outras nacións importantes foron os xudeus e os tártaros. Na última época do Gran Ducado, os eslavos conformaban a gran maioría, e as linguas eslavas usábanse para as leis escritas. Esta é unha das razóns pola cal se considera o tardío Gran Ducado de Lituania como un país eslavo, como Polonia, Rusia etc.
Unha das máis antigas universidades de Europa Oriental, a Universidade de Vilnius, foi fundada por Estevo I Bathory, Rei de Polonia e Gran Duque de Lituania, en 1579. Debido ao traballo dos Xesuítas durante a Contrarreforma, a universidade converteuse axiña nuns dos máis importantes centros científicos e culturais da rexión e no máis notable centro científico do Gran Ducado de Lituania.
Relixión
editarDespois do bautismo (en 1252) e a coroación (en 1253) do Rei Mindaugas, Lituania foi recoñecida como un estado cristián ata 1260, cando Mindaugas apoiou un levantamento en Curlandia e (segundo a Orde Teutónica) renunciou á cristiandade. Ata 1387, os nobres lituanos profesaron a súa propia relixión, que era unha crenza pagá baseada na deificación dos fenómenos naturais. Os lituanos de sangue eran moi devotos da súa fe. As crenzas pagás estaban profundamente apegadas na xente, e así puideron sobrevivir ás fortes presións por parte de misioneiros e poderes estranxeiros. Ata o século XVII existían reliquias da antiga fe, como alimentar ás Cobras de colar ou ofrecer alimentos nas tumbas dos devanceiros. As terras que hoxe en día ocupan Belarús e Ucraína, os duques locais pertencían áIgrexa Greco-Católica Ucraína. Mentres as crenzas pagás en Lituania eran o suficientemente fortes como para resistir séculos a presión de ordes militares e misioneiros, os ortodoxos caeron. En 1387, Lituania converteuse ao Catolicismo, mentres que a maioría das terras rutenas permaneceron fieis á Igrexa ortodoxa. Houbo un esforzo para polarizar aos ortodoxos a partir da Unión de Brest en 1596, na cal a Igrexa ortodoxa grega recoñeceron a autoridade papal e o catecismo católico, pero preservaron a liturxia ortodoxa.
Notas
editar- ↑ Rowell S.C. Lithuania Ascending a pagan empire within east-central Europe, 1295-1345. Cambridge, 1994. p.289-290
- ↑ Ch. Allmand. The New Cambridge Medieval History. Cambridge, 1998 p. 731.
- ↑ Encyclopædia Britannica. Grand Duchy of Lithuania
- ↑ R. Bideleux. A History of Eastern Europe: Crisis and Change. Routledge, 1998. p.122
- ↑ Lithuania Ascending p.72
- ↑ Gediminas p.16
- ↑ "Timeline: War and Peace in German-Polish Relations". Deutsche Welle 23.08.2006 (en inglés). 2006. Consultado o 24/12/2007.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gran Ducado de Lituania |