Alexandre Nevski
Alexandre Nevski[1][2][3] nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladímir.
Alexandre Nevski | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de maio de 1220 |
Lugar de nacemento | Pereslavl-Zalessky |
Falecemento | 14 de novembro de 1263 |
Lugar de falecemento | Gorodets |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Mosteiro de Alexandre Nevski |
Nacionalidade | Rus de Kiev |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | gobernante e líder militar |
Pai | Jaroslau II de Vladimir |
Nai | Feodossiya Mstislavna |
Cónxuxe | Alexandra Brachyslavna |
Fillos | Dmitry of Pereslavl, Andrey of Gorodets, Daniel da Rússia e Vassili Aleksandrovitch |
Irmáns | Andrey II of Vladimir, Yaroslav of Tver, Vasily of Kostroma e Mikhail Khorobrit |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do Gran Príncipe Iaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantería a carga da famosa cabalería de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.
Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e prostrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se prostraba perante o Deus de Xesucristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo á fronte de Vladimir.
Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.
SignificaciónEditar
Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.
A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.
NotasEditar
- ↑ DEGU.
- ↑ EGU.
- ↑ "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Alexandre Nevski". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 11. ISBN 84-7680-429-6.
santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslav II. Salvou as súas terras [...]
- "Alexandre Nevski". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras [...]
- "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93. ISBN 978-84-8288-942-9.
Gran Duque de Nóvgorod e de Vladimir, e gran príncipe de Rusia desde 1236 (1220-1263). Venceu os suecos [...]