Trakai (en polaco: Troki) é unha cidade de Lituania, unha parte de Trakai fai parte do territorio do Parque Histórico Nacional Trakai, e é o centro administrativo da rexión. A zona urbana da cidade abrangue 11,52 km² de área e é habitada por 5.406 persoas. A rexión administrada de Trakai abrangue 1202,74 km² e conta con 38.200 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaTrakai
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°38′N 24°56′L / 54.63, 24.93Coordenadas: 54°38′N 24°56′L / 54.63, 24.93
EstadoLituania
Condado da Lituânia (pt) TraducirVilnius (pt) Traducir
District municipality of Lithuania (en) TraducirTrakai District Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación5.912 (2023) Editar o valor em Wikidata (514,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie11,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude155 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalLT-21001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Rheine (1996–)
Alanya (pt) Traducir (2006–)
Ivano-Frankivsk (pt) Traducir (2006–)
Lutsk (2010–)
Koszalin (pt) Traducir (2019–)
Schönebeck (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtrakai.lt Editar o valor em Wikidata
Castelo de Trakai

Xeografía editar

 
Castelo de Trakai

A cidade atópase a 28 km ao oeste de Vilnius. Hai aproximadamente 200 lagos en toda a rexión, dos cales o máis profundo (46,7 m) é Galvė, que posúe 21 illas. Galvė, o maior, ten unha superficie de 3,88 km²; seguido polo lago Vilkokšnis, que ocupa 3,37 km²; e polo lago de Skaistis, que ocupa 2,96 km². Existe, ademais do Parque Nacional Histórico de Trakai, o Parque Rexional Aukštadvaris, fundado no territorio da rexión.

O Parque Nacional Histórico de Trakai foi fundado o 23 de abril de 1991 para preservar Trakai como centro acondicionado do Estado lituano, así como a súa auténtica natureza. É o único parque nacional histórico non só en Lituania, senón tamén en toda Europa. O territorio do parque abrangue 82 km², 34 km² dos cales están cubertos por bosques, e 130 km² están cubertos por lagos.

O Parque Rexional Aukštadvaris foi fundado en 1992 para preservar as valiosas paisaxes de Verknė e Strėva, na parte alta. A área do parque é 153,50 km², a maior parte dos cales está cuberto por bosques. Hai 72 lagos, o maior dos cales é o Vilkokšnis.

Trakai é unha cidade construída sobre a auga. A cidade está rodeada, entre outros, polos lagos de Lukos (Bernardinų), Totoriškių, Galvės, Akmenos e Gilušio. En Trakai hai unha serie de monumentos arquitectónicos, culturais e históricos. O museo de historia no castelo estableceuse en 1962. Cada verán celébranse na vila festivais e concertos.

Un acordo de colaboración asinouse coa cidade de Rheine, en Alemaña en 1996 e a cidade de Malbork, en Polonia en 1997.

Historia editar

 
Castelo na península
 
Monumento a Vytautas o Grande, preto do seu lugar de nacemento
 
Detalle do castelo de Trakai nun billete de 2 litas de 1993

Fundación editar

Os primeiros asentamentos nesta zona apareceron no primeiro milenio logo de Cristo. A cidade, así como os seus arredores, comezou a desenvolverse no Século XIII, no centro do Gran Ducado de Lituania. Segundo as crónicas, logo das cacerías, o Gran Duque Xediminas descubriu un fermoso lugar, non moi lonxe de Kernavè, que entón era capital, e decidiu construír aí un castelo. Así é como se edifica o castelo, en Senieji Trakai, que desde ese momento chamábase Trakai. A cidade de Trakai menciónase por primeira vez en alemán nas crónicas de 1337, que se considera como a data oficial da súa fundación. Cando o Gran Duque Xediminas finalmente vai a Vilna, Senieji Trakai foi herdado polo seu fillo, o duque Kęstutis. Axiña se desenvolveu un novo título, o de Príncipe de Trakai. Este é o lugar de nacemento dun dos mais famosos monarcas de Lituania; Vytautas o Grande.

Durante o reinado de Kęstutis, Naujieji Trakai converteuse nun lugar de construción intensiva: un novo castelo foi construído no estreito entre os lagos Galvė e Lukos, coñecido como o Castelo da Península, e outro, coñecido como o Castelo da Illa, nunha das illas do lago Galvė. Pola súa banda, un pobo comezaba a medrar en torno ao castelo. Os enfoques de Trakai son protexidos por Senieji Trakai (Vello Trakai), Strėva, Bražuolė, Daniliškės e outros montículos.

Primeiros ataques editar

Os dous castelos de madeira foron achandados con éxito sucesivamente polos Cabaleiros Teutónicos, todas as ocasións con resultados prexudiciais. Durante o conflito entre o Gran Duque Jogaila (quen se convertería posteriormente no rei Ladislau) e Kęstutis, os castelos foron capturados polo primeiro en 1382. Kestutis perdeu a vida e Jogaila deu os castelos ao seu irmán, Skirgaila, que se converteu en gobernador de Lituania. Con todo, o seu imperio non durou moito, xa que os castelos foron capturados de novo ao ano seguinte por forzas conxuntas de Vytautas (o fillo de Kęstutis) e os Teutónicos. Jogaila retomou o castelo pouco despois. O 7 de agosto de 1392, despois do cesamento do fogo entre Jogaila e Vytautas, o castelo foi concedido finalmente a este último, que se converteu no Gran Duque de Lituania, e Jogaila en gobernador. Malia ser a súa capital Vilnius, Vytautas pasaba máis tempo en Trakai. A comezos do Século XV substituíuse á estrutura antiga, de madeira, por unha fortaleza de pedra.

 
Antiga casa postal de Trakai
 
Viventa típica caraíta en Trakai

Prosperidade e chegada dos caraítas editar

Cando Vytautas converteuse no gobernante vasalo do Gran Ducado de Lituania, Trakai converteuse nun centro político e administrativo do ducado, ás veces denominado como a capital de facto de Lituania.[1] A construción dos castelos foi rematada e foi construída unha igrexa católica. En 1409 a cidade foi recoñecida legalmente como un dos primeiros asentamentos en Lituania. Isto desencadeou a prosperidade e o pobo comezou a desenvolverse rapidamente nunha cidade. En 1413 converteuse en sede dun dos once voivodatos do Gran Ducado de Lituania, o Voivodato de Trakai, e a cidade converteuse nun notable centro administrativo e comercial. A característica distintiva de Trakai é que a cidade foi construída e conservada por persoas de diferentes nacionalidades. Comunidades de caraítas, tártaros, lituanos, rusos, polacos e xudeus comezaron a vivir uns á beira dos outros na zona. Os Karaim (ou caraítas) son unha pequena comunidade étnica relixiosa de fala turca reasentados alí polo Gran Duque Vytautas entre 1397 e 1398, provenientes de Crimea, logo dunha das súas campañas militares exitosas en contra da Horda de Ouro. Polo tanto as comunidades cristiás e caraítas foron separadas e concedéuselles o goberno autónomo, de conformidade coas leis de Magdeburgo.

Despois de que o Gran Ducado de Lituania unísese ao Reino de Polonia en 1569, creandose a República das Dúas Nacións, o castelo continuou sendo unha propiedade real, pero a importancia da cidade diminuíu gradualmente, especialmente pola proximidade de Vilnius e a sede do centro político de toda a Comunidade en Cracovia, sendo este moito máis importante. Porén, segue sendo a sede local do Sejmik (asemblea rexional). A cidade comeza a ser coñecida como Troki en polaco. En 1477, o castelo a beiras do lago é un lugar de reunión de Casimiro IV rei de Polonia cos enviados provenientes de Venecia. Despois, o castelo converteuse nunha especie dun luxoso cárcere destinado aos presos políticos. Sexismundo I foi encarcerado alí con membros da familia Goštautai (unha familia da nobreza), que, segundo críase, pactaran co traizoeiro Michał Gliński (un nobre, titor de Iván o Terrible). Tamén Elena, viúva de Alexandre I de Polonia foi mantida alí co fin de impedir a súa fuga a Moscova. O castelo foi restaurado polo rei Sexismundo I de Polonia, que estableceu alí a súa residencia estival. Con todo, logo da súa morte en 1548 o castelo quedou en estado de desuso.

 
Kenesa (sinagoga) caraíta en Trakai

A pesar de ser cada vez maior a Polonización (imposición da cultura e a linguaxe polaca por medio da migración), Trakai seguiu sendo un notable centro da vida cultural e relixiosa caraíta. Algúns famosos eruditos estaban activos en Trakai, entre os séculos XVI e XVII, como Isaac ben Abraham de Trakai, Joseph ben Mordecai Malinovski, Zera ben Nathan de Trakai, Salomon ben Aharon de Trakai, Ezra ben Nissan e Josiah ben Judah. Algúns dos caraítas fixéronse ricos e nobres.

Decadencia e Guerras Mundiais editar

A comunidade local caraíta, a columna vertebral da economía da cidade, sufriu moito durante a Rebelión Chmielnicki (ataques rusos cara á mancomunidade), as matanzas de 1648 e as guerras entre Rusia e Polonia entre 1654 e 1667, cando a cidade foi saqueada e esnaquizada. No efecto da guerra con Moscova en 1655, ambos os dous castelos foron destruídos e a prosperidade da cidade finalmente derrubouse. As ruínas do castelo seguen sendo un fito histórico. En 1680 só trinta familias caraítas quedaron na cidade. As súas tradicións, incluída a non aceptación de persoas que cambiaran a súa identidade relixiosa, impediron á comunidade a recuperación da súa forza. A cidade quedou en ruínas de novo a comezos do século XVIII, probablemente en 1702, polas guerras de Carlos XII de Suecia, e polas consecuentes fames negras e pestes, quedando só 3 familias caraítas. En 1765 só 300 caraítas vivían en Trakai.

Logo das Particións de Polonia en 1795, a rexión foi anexionada pola Rusia Imperial e comezou a repararse e reconstruírse. En 1915, durante a primeira guerra mundial, a zona foi capturada por Alemaña. Logo da guerra, a cidade pasou a ser parte de Lituania e foi ocupada por Polonia. As obras no Alto castelo estaban case rematadas en 1939, cando comezou a Invasión de Polonia, e o territorio axiña foi anexado pola Unión Soviética e logo pola Alemaña nazi. Durante a guerra, máis de 5000 xudeus da rexión de Trakai foron asasinados polos nazis. En 1944, durante a Operación Tempestade, a cidade foi liberada por forzas conxuntas do Exército polaco e partisanos soviéticos. Logo da segunda guerra mundial foi de novo anexada polos soviéticos.

Restauración editar

En 1905 as autoridades do Imperio Ruso decidiron restaurar parcialmente as ruínas do castelo. Con todo, as obras foron amodo e detivéronse despois do estoupido da primeira guerra mundial. En 1929 Stanisław Lorenz ordenou a reconstrución do castelo. As obras no Alto castelo estaban a piques de rematarse en 1939, pero a segunda guerra mundial as interrompeu. En 1961 a reconstrución da parte superior do castelo e unha torre alta da construción completáronse. Entón, as obras interrompéronse como consecuencia do discurso de Nikita Khrushchev o 21 de decembro de 1960, no cal o Primeiro Secretario soviético declaraba que a reconstrución do castelo sería un signo da glorificación do pasado feudal de Lituania. As obras na parte baixa do castelo non se reiniciaron ata o decenio de 1980 e rematáronse polas autoridades lituanas a comezos de 1990.

 
Castelo de Trakai.

Cidades irmás editar

Notas editar

  1. "Viduramžių Lietuvos visuomenė". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2007. Consultado o 04 de setembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar