O Sejm é a cámara baixa do Parlamento da República de Polonia. Historicamente o Sejm era o nome que recibían as tres cámaras do Parlamento polaco, a Izba Poselska, o Senat e o Rei. Desde 1918, o Sejm refírese unicamente á cámara baixa, mentres a cámara alta é o Senado (Senat). No réxime comunista da República Popular de Polonia o Sejm era a cámara única do Parlamento. Desde a caída do comunismo, o Sejm ten 460 deputados elixidos en eleccións proporcionais cada catro anos. Para ter representación os partidos teñen que obter o 5% dos votos e as coalicións o 8% para poder estar representadas no Sejm, esta porcentaxe mínima non se aplica aos partidos que representas as minorías étnicas.

Edificio do Sejm, en Varsovia.

ComposiciónEditar

Tralas eleccións do 21 de outubro de 2007 a composición do Sejm quedou así: