Senado de Polonia

Senat é o nome da cámara alta (senado) do parlamento polaco. No Senat hai 100 membros electos por voto universal, directo e secreto nunha mesma votación que se realiza como máximo cada 4 anos, e sempre coincidindo co proceso electoral no que se escollen os representantes da cámara baixa (Sejm).

Corresponde ao presidente de Polonia a convocatoria dos comicios.

A sede do Senado está en Varsovia a carón do Sejm, na rúa Wiejska. Ao presidente desta cámara coñésceselle polo título de "Marechal do Senado" (Marszalek Senatu). Hoxe ocupa esa cadeira Bogdan Borusewicz.

HistoriaEditar

 
Sesión do Senado polaco na cidade de Jasna Góra in 1661.

A institución senatorial polaca remóntase a hai máis de 500 anos, tendo existido unha organización bicameral do estado sen interrupción ate o definitivo desmembramento de Polonia, coa Terceira Partilla do país en 1795.

Recuperado coa reintrauración da República no período de entreguerras, o Senat foi novamente abolido polas autoridades da República Popular de Polonia, e reestablecido de volta coa chegada da democracia no 1989.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar