República Socialista Soviética de Belarús

A República Socialista Soviética de Belarús (en belaruso: Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca.

Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Belarús
Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка (be) Editar o valor em Wikidata

HimnoAnthem of the Byelorussian Soviet Socialist Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°N 29°L / 54, 29Coordenadas: 54°N 29°L / 54, 29
Estado desaparecidoRepública Socialista Soviética Lituano-Bielorrussa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalMinsk (1919–1991) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.300.000 (1991) Editar o valor em Wikidata (49,61 hab./km²)
Lingua oficialLingua belarusa
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie207.600 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Disolución25 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porBelarús Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaRublo soviético Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivelsen valor Editar o valor em Wikidata
Código de paíssen valor e BY Editar o valor em Wikidata

A capital da República era Minsk. A República Socialista Soviética de Belarús foi creada o 1 de xaneiro de 1919.

Historia editar

Parte do Imperio Ruso antes da primeira guerra mundial, Belarús declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Belarús. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Belarús converteuse na República Socialista Soviética de Belarús, e "ingresou" na República Socialista Soviética Lituano-Belarusa. Trala guerra polaco-soviética rematada en 1921, as terras de Belarús foron divididas entre Polonia e a RSS de Belarús, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Belarús polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.

Trala segunda guerra mundial, a RSS de Belarús obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.

Tralo Golpe de Estado de Agosto, o Soviet Supremo de Belarús declarou a independencia da URSS o 25 de agosto de 1991. A república cambiou o nome polo de República de Belarús o 19 de setembro de 1991. O 8 de decembro de 1991 foi asinante, xunto a Rusia e Ucraína, dos Acordos de Belavezha, que substituíron a URSS pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).